Estanislao de Kostka Fabricio Fernández de la Cigoña Núñez, nado o 31 de xullo de 1941 en Vigo, é un investigador, escritor e ecoloxista galego, en lingua galega e castelá.

Traxectoria Estudou na Escola Superior da Mariña Civil da Coruña, licenciouse en 1968 na Facultade de Náutica de Barcelona e é diplomado en mercadotecnia.

Dirixiu varias entidades científicas, culturais e sociais. Foi presidente da Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE), do Instituto Galego de Estudios Mariños (IGEM), da Universidad Miñota (UMATI) e de Amigos de los Animales (AAA).

Foi recoñecido coa Medalla de Bronce de Galicia no ano 2005.Resolución do 2 de xuño de 2005 DOG. Vida persoal

É fillo de Fabriciano Fernández Serra (1893-1955, xornalista). Por vía materna é neto de Estanislao Núñez Barrios. É irmán de Francisco Fernández de la Cigoña (1940- , escritor).Blog de José Ramón Fernández de la Cigoña Núñez irmán de Francisco José e Estanislao.

Obra Amais de colaboracións e artigos, a obra literaria de Estanislao Fernández de la Cigoña é extensa:Estanislao Fernández de la Cigoña en Dialnet. Cruces, cruceiros e petos do Concello de Salvaterra de Miño. ISBN 84-87904-44-0. Cruces e esmoleiros do Concello de Mos. ISBN 84-87904-42-4. Cruces, cruceiros e petos do Concello da Cañiza. ISBN 84-87904-45-9 Cruces, cruceiros, esmoleiros e petos de ánimas de Redondela. ISBN 84-87904-35-1. Cruces, cruceiros e petos do concello de Meis. ISBN 978-84-87904-89-9. Cruces, cruceiros e petos do concello de Poio (Historia dun concello). ISBN 978-84-87904-57-8. Cruces, cruceiros e petos do concello de Caldas de Reis. ISBN 978-84-87904-48-6. Andoriñas das vilas e das outras: (estudo sobre as andoriñas galegas). ISBN 84-87904-30-0. Lista de referencia das aves galegas: (tódalas aves galegas observadas en liberdade). ISBN 84-87904-28-9. As construccións primitivas dos pastores galegos: chozos das serras do Suído, Montemaior e Faro de Avión. ISBN 84-87904-25-4. O poder das pedras: o mito da fecundación en Galicia: (a fertilización do campo, do gando e da muller). ISBN 84-87904-21-1. Cruces e cruceiros xubilares de Galicia: sete séculos de historia. ISBN 84-87904-17-3. Esmoleiros, petos e cruceiros de ánimas de Lugo.. ISBN 84-87904-20-3. Entre encravamentos profundos e desencravos amorosos: o encravamento e desencravo na imaxinería galega. ISBN 84-8288-470-0. Tódolos peixes de Galicia. ISBN 84-7680-308-7. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Pontevedra. ISBN 84-7680-260-9. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. ISBN 84-7680-258-7. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. ISBN 84-7680-259-5. Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. ISBN 84-87904-10-6. Aves do mar de Galicia. ISBN 84-87904-08-4. Aves mariñas do mar galego. ISBN 84-87904-09-2. As covas de Galicia: guía práctica para visitar as covas, grutas, furnas, bocas, palas. ISBN 84-7507-897-4. Aves da bisbarra de Vigo: (a cidade, o concello e a ría). ISBN 84-8190-014-1. Esta fauna nosa. ISBN 84-87904-06-8. Cíes i Ons: la ruta de las islas: (guía de campo para una visita provechosa). ISBN 84-404-8631-6. Illas de Galicia. ISBN 978-84-7507-582-2. Os cabaleiros do mar, baleas e golfiños das nosas augas: guía dos cetáceos de Galicia e Iberia. ISBN 84-404-6041-4. Illas de Ons e Sálvora: historia natural e humana ; e outros traballos. ISBN 84-404-3855-9. Viaxeiras da auga: aves mariñas e acuáticas de Galicia e norte de Portugal. ISBN 84-7507-425-1. Escolma de epitafios galegos: a fala escrita dos nosos camposantos. ISBN 84-87904-24-6. Epitafios de Galicia: a fala dos mortos. ISBN 978-84-87904-65-3. Reloxos monumentais, de sol e campás do concello de Covelo. Traballo conxunto con José Higinio Suárez Garra. ISBN 9788492867394.

Colectiva Castrelos: Un parque salvado por el pueblo de Vigo. (Historia de una lucha) (1993). Excursión polas furnas e covas de Galicia, con Félix Loira de Tresaldeas (1998). ISBN 84-87904-11-4. Cando a estrelas caen do ceo. (Ensaio sobre o meteorismo en Galicia), co seu fillo Estanislao de Kostka Fernández de la Cigoña Rodríguez (1999). ISBN 84-87904-13-0.

Notas

Véxase tamén Bibliografía "FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Ligazóns externas Blog de Estanislao Fernández de la Cigoña Xenealoxía .

Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Medalla de Bronce de Galicia Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1941 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes