Erwin Friedrich Maximilian Piscator, nado en Greifenstein-Ulm o 17 de decembro de 1893 e finado en Stanberg o 30 de marzo de 1966, foi un director e produtor teatral alemán; xunto con Bertolt Brecht foi o principal expoñente do teatro épico, forma que enfatiza o contido sociopolítico do drama por riba da manipulación emocional da audiencia ou da beleza formal da produción.Piscator, Erwin. Grolier Encyclopedia of Knowledge, volume 15, 1991. Grolier Inc., ISBN 0-7172-5300-7

Traxectoria Primeiros anos miniatura|O Volksbühne Berlin, onde Piscator logrou os seus primeiros éxitos como director de escena en 1924 Piscator era fillo do comerciante Carl Piscator e de Antonia Laparose.Willett, John (1978) The Theatre of Erwin Piscator: Half a Century of Politics in the Theatre. London: Methuen. páx. 13. A súa familia descendía do teólogo protestante Johannes Piscator.Willett, páx. 42 Tras moverse a súa familia a Marburgo Piscator estudou no Gymnasium Philippinum desa localidade. En 1913 entrou na Universidade de Múnic estudando alemán, filosofía e historia da arte. Piscator tamén asistiu ao seminario de Arthur Kutscher sobre a historia do teatro, ao que posteriormente tamén Bertolt Brecht asistiríaWillett, páx. 43). Formado como actor na escola de Otto König, comezou a actuar, de balde, en 1914 en pequenos papeis no Teatro Nacional de Múnic, so a dirección de Ernst von Possart.

Durante a primeira guerra mundial Piscator serviu no exército alemán en infantaría, destinado desde a primaverea de 1915 á fronte en comunicacións. A súa experiencia bélica levouno a terlle xenreira ao militarismo e á guerra o resto da súa vida, e a publicar algúns poemas en 1915 e 1916 na revista literaria expresionista de esquerdas Die Aktion. No verán de 1917 tomou parte na Primeira Batalla de Ypres e en novembro de 1918 logo do armisticio, Piscator deu un discurso en Hasselt na primeira xuntanza dun Consello de Soldados Revolucionarios ao estilo dos soviets.

Primeiros éxitos na República de Weimar miniatura|O Piscator-Bühne en Berlin (1927–29), antigo Neues Schauspielhaus En colaboración co escritor Hans Rehfisch, formou un "Volksbühne proletario” en Berlín nun teatro-comedia, onde na tempada 1922–1923 representaron obras de Maxim Gorky, Romain Rolland e Lev Tolstoi.Willett, pp. 15–16, 46–47 Desde a súa primeira produción no Volksbühne (1924–1927), Fahnen de Alfons Paquet que foi a primeira producida por Piscator que recibiu o nome de drama épicoCody, Gabrielle H. (2007) The Columbia Encyclopedia of Modern Drama, Volume 2. Columbia University Press, páx. 1076, e logo como director do seu propio teatro, o Piscator-Bühne en Nollendorfplatz, Piscator produciu pezas de forte contido social e político, que reflectían a súa concepción do feito dramático como unha ferramenta para influenciar os votantes cara a políticas de esquerdas. En 1926 causou controversia a montaxe que realizou da obra de Friedrich Schiller Die Räuber no Preußisches Staatstheater, recortando o texto amplamente e reinterpretándoo como un vehículo para as súas crenzas políticas. Piscator fundou o influente, aínda que de curta duración, Piscator-Bühne en Berlín en 1927. En 1929 Piscator publicou o ensaio Das Politische Theater.

Obra internacional, emigración e volta a Alemaña miniatura|Piscator foi director teatral do Freie Volksbühne Berlin desde 1962 deica a súa morte.

En 1931 Piscator marchou á Unión Soviética para realizar o filme Wosstanie Rybakow, baseado nunha novela de Anna Seghers, para a Mezhrabpom, a compañía cinematográfica soviética asociada co Alivio Obreiro Internacional.Gerhard F. Probst (1991) Erwin Piscator and the American Theatre. New York etc.: Peter Lang, p. 7. ISBN 0-8204-1591-X Coa chegada de Hitler ao poder en 1933 a estadía no estranxeiro converteuse en exilio,Hermann Haarmann: Politisches Theater im Geiste der Polis. Die späte Heimkehr des Erwin Piscator. En: Freie Volksbühne Berlin 1890–1990. Beiträge zur Geschichte der Volksbühnenbewegung in Berlin. Ed. por Dietger Pforte. Berlín: Argon 1990. Pp. 195–210, p. 195. vivindo en París, onde 1937 casou coa bailarina Maria Ley e en 1939 estableceuse nos Estados Unidos, alí Alvin Johnson, o presidente fundador da universidade The New School, convidouno a establecer unha escola de teatro asociada, a Dramatic Workshop, entre os estudantes de Piscator estiveron Bea Arthur, Harry Belafonte, Marlon Brando, Tony Curtis, Ben Gazzara, Judith Malina, Walter Matthau, Rod Steiger, Elaine Stritch, Eli Wallach e Tennessee Williams.Willett p. 166

Piscator estableceuse en Alemaña Occidetnal en 1951 por mor da presión política dos tempos do McCarthyism.Alexander Stephan (1995) Im Visier des FBI. Deutsche Exilschriftsteller in den Akten amerikanischer Geheimdienste. Stuttgart, Weimar, páx. 373. Foi director do Freie Volksbühne en Berlín Occidental desde 1962, converténdose ata a súa morte nun dos maiores expoñentes do teatro contemporáneo e documental, neste último campo puxo en escena unha peza de Peter Weiss escrita a partir das actas proceso aos responsables do campo de Auschwitz ou outra obra de Rolf Hochhuth poñendo en evidencia a actitude do papa Pío XII e por extensión da igrexa católica durante a segunda guerra mundial.

Notas

Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Directores de teatro de Alemaña Categoría:Nados en Hessen