A área metropolitana da Baía de Tampa é a segunda maior área metropolitana dos Estados Unidos en canto a variedade de medios, tanto impresos, en liña e outros medios de difusión. Segundo unha estimación da Oficina do Censo dos Estados Unidos do ano 2008, a poboación da área estatística metropolitana Tampa-San Petersburgo era de 2 733 761 persoas. O mercado de medios de comunicación da Baía de Tampa tamén inclúe os condados de Citrus, Manatee, Sarasota e Polk, que non se atopan na Baía.Tampa Bay metro market hits milestone - Tampa Bay Business Journal, July 18, 2007 Os medios de comunicación do condado de Polk tamén proceden de Orlando.

Xornais Os dous principais xornais da zona son o Tampa Bay Times e o The Tampa Tribune.

O The Tampa Bay Times (coñecido como St. Petersburg Times dende a súa fundación en 1884 ata xaneiro de 2012) é o xornal de maior tiraxe no sueste dos Estados Unidos, cuns 400.000 exemplares impresos a diario, o que representa un 50% máis ca o segundo xornal cunha maior tiraxe, o Orlando Sentinel.

O The Tampa Tribune publicou o seu primeiro exemplar como un xornal diario en 1895. Ademais da edición principal, publica unha carteira de semanais independentes en toda a rexió, incluíndo o Plant City Courier & Tribune, o Brandon News & Tribune, o South Shore News & Tribune, o Northeast News & Tribune, o Carrollwood News & Tribune, o South Tampa News & Tribune, o Northwest News & Tribune, o Central Tampa News & Tribune, o The Suncoast News, e o CENTRO Tampa, en español.

Na área da Baía de Tampa tamén prestan servizo unha serie de xornais rexionais. La Gaceta é un semanal trilingüe (publicado en inglés, castelán e italiano) publicado na Ybor City dende 1922. A comunidade negra da zona ten dous xornais: o Florida Sentinel Bulletin (Tampa) e o The Weekly Challenger (San Petersburgo). O Creative Loafing (tamén coñecido durante unha época como Weekly Planet) é o principal semanario alternativo da zona. The Oracle publica na Universidade do Sur de Florida e nos barrios circundantes. O Tampa Bay Business Journal é a principal publicación económica da zona.

Varias cidades fóra do núcleo Tampa-St. Petersburg, pero dentro da Baía de Tampa contan con xornais de pouca tiraxe e unha pequena área de distribución. Entre eles atópanse o The Bradenton Herald, o Sarasota Herald-Tribune, o The Ledger , o Citrus County Chronicle, o Hernando Today ou o Highlands Today.

Televisión miniatura|Estudios de WUSF-TV en Tampa A área da Baía de Tampa é décimo cuarto maior mercado televisivo do país e o maior mercado televisivo de Florida, con 1,78 millóns de fogares con televisión.

Na rexión operan catorce cadeas televisivas:

WEDU (Channel 3, PBS) WFLA (Channel 8, NBC) WTSP (Channel 10, CBS) WTVT (Channel 13, Fox) WUSF (Channel 16, PBS) WCLF (Channel 22, Trinity Broadcasting Network) WFTS (Channel 28, ABC)

WMOR (Channel 32, independente) WTTA (Channel 38, My Network TV) WWSB (Channel 40, ABC, Sarasota) WTOG (Channel 44, The CW) WRMD (Channel 49, Telemundo) WFTT (Channel 50, Telefutura) WVEA (Channel 62, Univision)

Entre as televisións por cable atópanse Bay News 9, Bright House Sports Network, e SNN Local News 6.

Radio O mercado radiofónico de Tampa é o décimo noveno maior dos Estados Unidos, segundo Arbitron Research.Arbitron Radio Market Rankings - Winter 2012 Hai máis de 70 emisoras de radio, divididas practicamente a partes iguais entre frecuencias AM e FM. Clear Channel Communications é o maior propietario de emisoras da zona, seguido por Cox Broadcasting e CBS Radio. Ademais, moitas emisoras da zona de Orlando pódense escoitar na zona noroeste da área metropolitana.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Tampa, Florida Categoría:Medios de comunicación dos Estados Unidos de América