Santa Mariña de Lesa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2013 tiña 248 habitantes (122 mulleres e 126 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 228 habitantes.
Patrimonio Igrexa de Santa Mariña de Lesa, de estilo románico de transición ao gótico do século XIII. A ábsida ten elementos góticos, como unha ventá oxival dividida en dúas metades por un parteluz, con remate en pedra calada, e unha bóveda de crucería. A Pena Furada.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Santa Mariña de Lesa
Parroquias de Coirós
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Coirós
Categoría:Parroquias de Coirós Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña