Santiago de Ois é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2017 tiña 170 habitantes (92 mulleres e 78 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2013 cando tiña 194 habitantes.
Historia Coa reforma parroquial da arquidiocese de Santiago de Compostela de 1867, foille anexada parte da antiga parroquia da Espenuca. Con todo, esta mudanza non se manifestou nos nomenclátores até o ano 1910.
Cultura Topónimo Ois é posiblemente un antropónimo prerromano cunha raíz no termo "freixo" e que xorde antes do século III.
Patrimonio Igrexa de Santiago de Ois, de estilo románico de finais do século XII e principios do XIII. Cruceiro de Santiago de Ois.
Fortaleza da Mota de Ois
Lugares e parroquias Lugares de Santiago de Ois
Parroquias de Coirós
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Coirós
Categoría:Parroquias de Coirós Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía