Andatuz é o nome da mascota oficial de Guadalinex, unha distribución Linux promovida pola Xunta de Andalucía e baseada en Ubuntu. Baseándose na mascota oficial de Linux Tux, José Gil deseñou un pingüín con aspecto máis xuvenil. Símbolo para un proxecto xove e innovador que inicialmente se creou para os centros educativos. Ademais da mascota oficial, cada ano Guadalinex lanza unha enquisa para elixir o animal que representará á nova versión. Esta enquisa vén realizándose dende a versión V3. Tan só en dúas ocasións, o animal que representaba á nova versión estivo baseado na mascota oficial.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Mascota para editar Descarga unha versión en formato editable SVG.

Categoría:Linux Categoría:Mascotas