A Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude ou AD Fogar é un club deportivo no que se practica principalmente natación, tríatlon e atletismo entre outros. Esta agrupación ten base en Carballo e Oleiros.
Historia A AD Fogar creouse en Carballo en 1988 como unha entidade privada deportiva, social e cultural sen ánimo de lucro. Subsiste grazas aos ingresos da súa masa social, das subvencións e convenios institucionais, e da colaboración empresarial. A agrupación vén ofrecendo á mocidade das comarcas de Bergantiños (dende 1988) e As Mariñas (en Oleiros dende 1998), a posibilidade de practicar estas seccións deportivas no seu lugar de orixe.
Na sección Carballo os deportistas adestran no Complexo Deportivo Carballo Calero, e na sección Oleiros os deportistas adestran nas instalacións do INEF en Bastiagueiro.
Galardóns e récords Varios deportistas do equipo competiron e compiten a nivel europeo, tanto en natación como en tríatlon. Entre as plusmarcas acadadas están os récords galegos de Marcos Souto Veiga e Marcos Viaño Varela.
Na década de 1990 a nivel do club destacou a nadadora Elisa Pichel García de Seárez, actual adestradora dos equipos alevín, benxamín e veterano na sección de Carballo. Outro deportista destacado é Víctor Tato Fuentes.
Notas Fogar da Xuventude Categoría:Deporte en Carballo Categoría:Deporte en Oleiros