O acento agudo é un signo diacrítico consistente nunha pequena raia que baixa de dereita a esquerda colocada sobre unha vogal ou unha consoante. O acento agudo é o único acento gráfico utilizado habitualmente na lingua galega.
Uso en galego Indicar a sílaba tónica dunha palabra: médico, revólver, canón. Distinguir palabras homógrafas, con diferente timbre da vogal tónica ou unha tónica e outra átona: óso, dá. Nalgúns casos especiais, para distinguir o sentido dunha frase cando hai ambigüidade: Dime que queres / Dime qué queres. Aparece nalgunhas palabras estranxeiras non adaptadas en galego: déjà vu
Usos noutras linguas Ademais dos usos habituais na lingua galega, outros idiomas empregan o acento agudo para sinalar outras situacións:
En catalán, francés e italiano indica que as vogais que o levan son pechadas: é pronúnciase [e] e ó pronúnciase [o]. Pola contra, en portugués indican que as vogais son abertas. En polaco, úsase na vogal o (ó) para indicar que se pronuncia máis pechada, máis posterior e máis arredondada: [u] en vez de [ɔ]. En checo, eslovaco, húngaro e irlandés indican as vogais longas. En certas linguas eslavas sitúase sobre algunhas consoantes para indicar palatalización. Indica o ton en vietnamita, na transcrición Pinyin do mandarín e nalgunhas linguas africanas. En danés e neerlandés emprégase para indicar énfase. En feroés, islandés ou húngaro as vogais con acento agudo teñen diferente pronuncia.
Véxase tamén
Outros artigos Acento gráfico
Bibliografía
Categoría:Puntuación Categoría:Diacríticos