O acento grave (`) é un signo diacrítico consistente nunha pequena raia que baixa de esquerda a dereita colocada sobre unha vogal ou unha consoante. O acento grave non se utiliza na norma oficial do galego.
Uso en galego En textos galegos tan só aparece nalgunhas palabras estranxeiras non adaptadas en galego (déjà vu) ou en nomes propios doutras linguas (Mercè Rododera).
Usos noutras linguas Emprégase para indicar a apertura dunha vogal, como en catalán ou francés. Sinala as vogais longas en galés e en gaélico. Indica a sílaba tónica en italiano. Indica o ton en vietnamita e na transcrición Pinyin do chinés mandarín. En catalán, francés e italiano emprégase para distinguir certas palabras homónimas.
Véxase tamén Outros artigos Acento gráfico Acento agudo
Categoría:Tipografía Categoría:Diacríticos