Os números de teléfono en España están distribuídos atendendo a criterios xeográficos. O plan de numeración é pechado dende o ano 1998. Anteriormente podíase chamar a un número da mesma provincia sen ter que marcar o prefixo desta e só era necesario facelo para chamar a outras, a móbiles, a números internacionais e outros servizos. A Comisión Nacional do Mercado e a Competencia é o organismo encargado de regular o plan de numeración. Numeración telefónica

Liñas fixas Os números fixos teñen nove díxitos, sendo os dous ou tres primeiros o código da área e os demais o número de abonado. O código da área empeza por 9 e, nas provincias con maior demanda de números, tamén con 8. O formato é: 9YX XXX XXX onde Y pode ser calquera número agás 0, empregado para a numeración especial e 4, para servizos de radiobusca e X pode ser calquera número. 8YX XXX XXX onde Y pode ser 2, 4, 5, 6, 7 ou 8 e X pode ser calquera número. Prefixo 9YX Prefixo 8YX Provincia 91 Madrid (ata 1993 o 911 compartíanno Guadalaxara e Segovia e o 918 era de Ávila) 920 Ávila 921 Segovia 922 822 Santa Cruz de Tenerife 923 Salamanca 924 824 Badaxoz 925 Toledo 926 Cidade Real 927 Cáceres 928 828 As Palmas 93 Barcelona 941 A Rioxa 942 Cantabria 943 843 Guipúscoa 944 Biscaia 945 Áraba 946 Biscaia 947 Burgos 948 848 Navarra 949 Guadalaxara 950 Almería 951 Málaga 952 Málaga e Melilla 953 Xaén 954 Sevilla 955 Sevilla 956 856 Cádiz e Ceuta 957 Córdoba 958 858 Granada 959 Huelva 960 Valencia (norte da provincia) 961 Valencia (centro da provincia) 962 Valencia (sur da provincia) 963 Valencia (capital e área metropolitana) 964 Castelló 965 Alacant 966 Alacant 967 Albacete 968 868 Murcia 969 Cuenca 971 871 Illas Baleares 972 872 Xirona 973 873 Lleida 974 Huesca 975 Soria 976 876 Zaragoza 977 877 Tarragona 978 Teruel 979 Palencia 980 Zamora 981 881 A Coruña 982 Lugo 983 Valladolid 984 Asturias 985 Asturias 986 886 Pontevedra 987 León 988 Ourense

Liñas móbiles A numeración móbil ten nove díxitos. O primeiro díxito é 6 ou 7. O bloque comezado por sete é de recente creación ante a falta de números libres no bloque 6. Cada un dos bloques ten un formato: 6XX XXX XXX onde X pode ser calquera número. 7YX XXX XXX onde Y pode ser 1, 2, 3 ou 4 e X calquera.

Liñas nómade A numeración nómade é un servizo de numeración virtual que permite redirixir as chamadas e mensaxes a distintos destinos. Ten asignados dous bloques de numeración: 51Y XXX XXX onde Y pode ser calquera número agás o 0 e X pode ser calquera número. 8YX XXX XXX onde Y pode ser 1 ou 8 e X pode ser calquera díxito. Nota: o acceso a este bloque está limitado ó distrito.

Liñas persoais A numeración persoal ten nove díxitos e comeza por 70. 70X XXX XXX onde X pode ser calquera número.

Radio busca A numeración do servizo de radio busca ten nove díxitos e comeza por 940. 940 XXX XXX onde X pode ser calquera número.

Outros números

Numeración especial A numeración especial comeza por 80 e 90 (agás 908 e 909) e ten nove díxitos de lonxitude. 800 e 900 son os prefixos de cobro automático en destino. A chamada sempre é gratis para que a realiza. 901 é o prefixo de custo compartido. O prezo repártese entre ambos conferenciantes. 902 é o prefixo de pago por parte de quen realiza a chamada e sen retribución ó chamado. 803 é o prefixo de custo adicional reservado para adultos. 905 é o prefixo destinado a servizos de chamadas masivas coma tele voto. 806 é o prefixo de custo adicional reservado a servizos de lecer e entretemento. 807 é o prefixo de custo adicional reservado a servizos profesionais. 907 é o prefixo de custo adicional reservado a sistemas de datos.

Acceso a Internet A numeración de acceso a Internet ten dous prefixos, 908 e 909, e é de nove díxitos de lonxitude. 908 cando a facturación realízaa o mesmo operador de acceso. 909 cando a facturación realízaa outro operador distinto do de acceso.

Números curtos A numeración curta comeza por 0 ou 1 e ten entre tres e seis díxitos: 112, o teléfono de emerxencias. 0XX para servizos de interese do cidadán: 010 para información cidadá. 011 para tráfico. 012 para información da comunidade autónoma. 016 para asesoramento a mulleres vítimas da violencia de xénero. 060 para comunicación provincial. 061 para ambulancias. 062 para a Garda Civil. 065 para atención á dependencia. 080 para bombeiros. 085 para incendios forestais. 091 para a policía nacional. 092 para a policía local. 093 para información horaria. 095 para o servizo informativo de RNE. 096 para o servizo de espertador. 097 para o servizo de información deportiva de RNE. 098 para información diversa. YXX, onde Y pode ser calquera número agás o 0 e X pode ser calquera número, para servizos de información dos teleoperadores: 123 para Vodafone. 470 para Orange. 1XYX, onde X pode ser calquera número e Y pode ser calquera número agás o 2, 6 ou o 8 se o primeiro X é 1, para servizos de información dos teleoperadores: 1002 para avarías en Movistar. 1004 para Movistar. 1414 para Orange. 1434 para British Telecom. 1443 para Vodafone a empresas. 1444 para Vodafone a particulares. 1445 para R (teléfono xeral). 1446 para R a empresas. 1449 para R a particulares. 1565 para Jazztel a particulares. 1566 para Jazztel a empresas. 116 XXX, onde X pode ser calquera número, para servizos de interese social: 116 000 para nenos desaparecidos. 116 111 para axuda á infancia. 118XX, onde X pode ser calquera número, para servizos de información telefónica con custo adicional.

Números para mensaxes de texto e multimedia A estrutura da numeración para servizos baseados en comunicación por mensaxes é: 205 XXX e 207 XXX para servizos gratuítos. 215 XXX e 217 XXX para servizos ó prezo dunha mensaxe normal. 25 XXX e 27 XXX para servizos de custo adicional con prezos de ata 1,2 €. 280 XX para campañas solidarias cun custo adicional de ata 1,2 €. O custo total dos mensaxes enviados con este prefixo destínase integramente á campaña. 35 XXX e 37 XXX para servizos de custo adicional con prezos entre 1,2 € e 6 €. 795 XXX 797 XXX para servizos de subscrición con prezos de ata 1,2 €. 995 XXX e 997 XXX para servizos de custo adicional para adultos con prezos de ata 6 €.

Números entre máquinas A numeración entre máquinas, ou M2M, emprega números de 13 díxitos. Un exemplo de uso destes números son os contadores de auga, gas ou electricidade que envían á compañía a lectura. Os números son: 590 ABM XXX XXXX onde ABM indican a compañía a que pertence o número e X pode ser calquera díxito.

Categoría:Telefonía Categoría:España