As Sete Marabillas de Portugal foron elixidas nunha votación popular que comezou o 7 de decembro de 2006 e que tivo unha duración de sete meses, feita vía Internet, teléfono ou mensaxes de texto. Esta selección fíxose co apoio do Ministerio da Cultura de Portugal.
A escolla partiu dos 794 monumentos nacionais clasificados polo IPPAR, que foron reducidos primeiro a 77 monumentos e logo a 21 por un comité de especialistas, que tiveron en conta unha serie de criterios técnicos e culturais.
O día 7 de xullo de 2007 (o día sete do mes sete do ano sete), despois do voto de máis de 350.000 portugueses, fíxose pública a lista dos sete monumentos elixidos.
Monumentos vencedores #NomeLocalización/ProvinciaImaxe 1 Castelo de Guimarães, século X Guimarães, Minho 200px 2 Castelo de Óbidos, 1195 Óbidos, Estremadura 200px 3 Mosteiro da Batalha, 1385 Batalha, Beira Litoral 200px 4 Mosteiro de Alcobaça, 1153 Alcobaça, Estremadura 200px 5 Mosteiro dos Xerónimos, 1502 Santa Maria de Belém, Lisboa, Estremadura 200px 6 Palacio Nacional da Pena, 1838 Sintra, Lisboa, Estremadura 200px 7 Torre de Belém, 1521 Santa Maria de Belém, Lisboa, Estremadura 200px
Restantes finalistas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web do evento
Categoría:Arquitectura de Portugal Categoría:Monumentos nacionais de Portugal