Renee Jeanne Falconetti, nada en Pantin o 21 de xullo de 1892 e finada en Buenos Aires o 12 de decembro de 1946, foi unha actriz francesa de cinema e teatro.

Traxectoria Debutou no teatro en 1918 na obra L'Arlésienne. Porén, o seu papel máis recordado foi no cinema, no filme La Passion de Jeanne d'Arc, de Dreyer no que interpretou a heroína Xoana de Arco. Tras esta interpretación seguiu producindo obras teatrais lixeiras.

Durante a segunda guerra mundial escapou a Suíza, de onde marchou a Bos Aires. Alí suicidouse en 1946. Está enterrada en París.

Filmografía Le Clown (1917) La Comtesse de Somerive 1917) La Passion de Jeanne d'Arc (1928)

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de Francia Categoría:Nados en 1892 Categoría:Nados no departamento de Sena-San Denis Categoría:Finados en 1946 Categoría:Suicidios en 1946 Categoría:Suicidas de Francia