El Chisme foi un semanario editado en Pontevedra en 1884.
Historia e características Subtitulado Semanario independiente, recreativo, tempestivo y joco-serio, apareceu o 13 de xullo de 1884. Periódico semanal de carácter crítico e literario que estaba dirixido por Albino Simán. Os colaboradores eran Luís Taboada, M. Palacios e Luis Vidart. Outros artigos estaban asinados cos pseudónimos Glorioso, Pardillo, Calderilla e Padre Santo. Constaba de artigos de fondo, informacións de actualidade, novas breves, sucesos da semana e anuncios. Moitas noticias estaban comentadas en verso. Apareceron catorce números cesando a súa edición o 5 de outubro de 1884, cambiando o seu título por La Silueta.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1884 en Galicia