As Bacteroidáceas (Bacteroidaceae) son unha familia de bacterias do filo BacteroidetesBergey's Manual of Systematic Bacteriology, 2nd ed., vol. 1 (The Archaea and the deeply branching and phototrophic Bacteria) (D.R. Boone and R.W. Castenholz, eds.), Springer-Verlag, New York (2001). pp. 465-466.. Unha característica especial é a produción de esfingolípidos de membrana, algo pouco usual nas bacterias. O xénero tipo Bacteroides é o grupo de bacterias máis abondoso na flora do intestino humano.
Aparencia Son bacilos gramnegativos non formadores de esporas anaerobios. A maioría das especies non son móbiles; son excepcións, por exemplo Bacteroides xylanolyticus e especies de Acetomicrobium. Unha característica especial destas bacterias é a produción de varios tipos de esfingolípidos específicos de membrana, que son típicos dos organismos pluricelulares, pero que só os producen unhas poucas bacterias, como algunhas Proteobacterias e Bacteroidetes.
Metabolismo A vía metabólica que utilizan característicamente é a fermentación de varios azucres e proteínas. Os produtos finais son, entre outros, o acetato e o hidróxeno (H2). Á formación de acetatro débese o nome dalgúns xéneros. Produtos do xénero bacteroides son o ácido succínico e o acetato. O xénero Anaerorhabdus produce acetato e lactato.
Distribución O xénero Bacteroides é o grupo de bacterias dominante no tracto dixestivo humano, con ata 1011 células por gramo de feces.Michael T. Madigan, John M. Martinko, Jack Parker. Brock - Biología de los Microorganismos. 10ª edición. Páxinas 427. ISBN 84-205-3679-2. Tamén aparece no tracto xenital feminino. Outros representantes, como Acetomicrobium aparecen nos lodos de depuradoras.Katharina Munk: Taschenlehrbuch Biologie: Mikrobiologie. Thieme Verlag, 2008, ISBN 978-3-13-144861-3. S. 75
Sistemática Os seguintes xéneros pertencen a esta familia:LPSN Bacteroidaceae Euzéby, Aidan C. Parte [http://www.bacterio.net/ List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. 2013-10-30
Acetofilamentum Dietrich et al. 1989 Acetomicrobium Soutschek et al. 1985 Acetothermus Dietrich et al. 1988 Anaerorhabdus Shah e Collins 1986 Bacteroides Castellani e Chalmers 1919
Notas
Véxase tamén
Categoría:Bacteroidetes