Britannia é un termo antigo para identificar á Britania romana e tamén a personificación feminina da illa. O nome é latino, e deriva da forma grega Prettanike ou Brettaniai, que orixinalmente designaba un conxunto de illas con nomes individuais, incluíndo Albion ou Gran Britain; porén, no século I a. C., Britannia converteuse no nome de uso para Gran Bretaña especificamente. No ano 43, o Imperio Romano comezou a conquista da illa, establecendo unha provincia que chamaron Britannia, que abranguía a parte sur da illa, excluíndo a Caledonia (actual Escocia). Os habitantes nativos celtas da provincia son coñecidos como bretóns.
Representación No século II, a Britania romana personificouse como unha deusa, armada con tridente e escudo e levando un casco corintio. miniatura|Monumento da Armada Nacional en Plymouth, representando a Britannia. O nome latino Britannia sobreviviu á fin do dominio romano no século V, e mantívose como nome da illa na maioría das outras linguas europeas, como "Britain" inglés e o "Prydain" galés. Despois de séculos de desuso, a forma latina reviviu durante o Renacemento inglés como unha evocación retórica da identidade nacional británica. Durante a Lei de Unión de 1707, que uniu os reinos de Inglaterra e Escocia, a personificación da Britannia marcial foi usada como emblema da Bretaña imperial como símbolo de poder e unidade. Aparece en tódalas series de moedas británicas ata o seu redeseño no 2008.
Hibernia
Hibernia é o termo latino para identificar a illa de Irlanda, e unha personificación de Irlanda, especialmente empregada no século XIX. Era representada a miúdo como "irmá menor de Britannia" polos unionistas que, incapaz de defenderse por si mesma recorre á súa irmá maior para protexela. Eventualmente tamén foi usada por nacionalistas irlandeses ademais doutras como Ériu.
Véxase tamén
Bibliografía Hewitt, Virginia. "Britannia (fl. 1st–21st cent.)", Oxford Dictionary of National Biography, online edition 2007, consultado 28 Aug 2011 M. Dresser (ed.), 'Britannia', Patriotism: the making and unmaking of British national identity, vol. 3 R. Samuel, National fictions (1989), pp. 26–49 Britannia depicta: quality, value and security, National Postal Museum (1993) H. Mattingly, "Nerva to Hadrian". Reimpresión (1976), vol. 3 de Coins of the Roman empire in the British Museum J. M. C. Toynbee, The Hadrianic school: a chapter in the history of Greek art (1974) M. Henig, 'Britannia', Lexicon Iconographicum Mythologiae Classicae, 3/1 (1983), pp. 167–69 K. T. Erim, 'A new relief showing Claudius and Britannia from Aphrodisias', Britannia, 13 (1982), pp. 277–81 H. Peacham, Minerva Britannia, or, A garden of heroical devises (1612) J. Thomson, Britannia: a poem (1729) R. Strong, Gloriana, the portraits of Queen Elizabeth I (1987) H. A. Atherton, Political prints in the age of Hogarth. A study of the ideographic representation of politics (1974)
Outros artigos
Personificación nacional
Ligazóns externas Britannia en moedas e medallas británicas - Guy de la Bédoyère Penique de Britannia
Categoría:Deusas celtas Categoría:Deusas romanas Categoría:Símbolos do Reino Unido Categoría:Personificacións nacionais