O ourizo de mar (Paracentrotus lividus) é unha especie de equinodermo da familia Parechinidae.
Descrición Presenta unha casca aplanada ventralmente, ocasionalmente tamén no dorso. A súa coloración acostuma ser morada aínda que pode varíar e ser cor café escuro, castaño claro ou verde de oliveira.Purple sea urchin - Paracentrotus lividus Marine Life Information Network. Consultado o 23 de agosto de 2011. Ten un diámetro de até 7 centímetros. As pugas acostuman ser pouco numerosas e chegan a ser tan longas como o diámetro da casca.
Distribución Distribúese polo mar Mediterráneo e o océano Atlántico oriental.Paracentrotus lividus (Lamarck, 1816) World Register of Marine Species. Consultado o 23 de agosto de 2011. Encóntrase os fondos costeiros rochosos, aínda que tamén en prados mariños do Mediterráneo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en pescaderiascorunesas.es
Categoría:Echinoidea Categoría:Fauna de Europa Categoría:Fauna de África Categoría:Taxons descritos por Jean-Baptiste Lamarck