Pedro Martín Cermeño y García de Paredes, nado en Melilla o 2 de marzo de 1722 e finado na Coruña o 15 de decembro de 1790,«Un error histórico falseó la muerte de Martín Cermeño» La Voz de Galicia 13/11/2009. foi un arquitecto e enxeñeiro militar español, Gobernador Militar de Orán e Capitán Xeneral de Galicia.
Traxectoria Fillo do tamén enxeñeiro militar Juan Martín Cermeño e da melillesa Antonia de Paredes, casou con María del Carmen Cisneros de Castro e Ulloa, filla do I Conde de Ximonde, Juan Antonio Cisneros de Castro e irmá do II Conde, Pedro Cisneros de Castro e Ulloa.
Realizou os seus estudos na Real Academia Militar de Matemáticas e Fortificación de Barcelona, onde estaba destinado seu pai, chegando na súa carreira militar ó grao de Tenente Xeneral. Foi nomeado Cabaleiro da Orde de Alcántara en 1755.
miniatura|Fachada da Catedral Nova de Lleida.
No ano 1768 foi nomeado individuo de honra e mérito en arquitectura pola Real Academia de Belas Artes de San Fernando e en 1770 consiliario da devandita Institución. En 1774 foi nomeado Gobernador de Orán e ocupou o cargo ata 1778, cargo que tamén ocupara anos atrás seu pai. Entre 1782 e 1783 como Teniente General e nomeado Comandante Xeneral de Galicia estando vacante o posto de Capitán Xeneral.
Entre 1784 e 1791 foi Capitán Xeneral do Reino de Galicia e Presidente da súa Real Audiencia. Finou na Coruña en 1790 a consecuencia da caída dun cabalo.ORTEGA ROMERO, M. do Socorro Dolores: Reformas urbanísticas en la Compostela neoclásica: El proyecto de Cermeño para la plaza de Santa Susana .
Obra arquitectónica en Cataluña Trala conversión da catedral medieval de Lleida en cuartel en 1707, a Seu trasladouse a distintas igrexas ata que se decidiu a construción dunha Catedral Nova, baixo a advocación da Asunción da Nai de Deus (Mare de Déu), que Cermeño proxectou. A primeira pedra colocouse o 15 de abril de 1761 en presenza do bispo Manuel Macías Pedrejón. As obras foron levadas a termo por Francisco Sabatini.
Tamén construíu a Igrexa de San Miguel do Porto, na Barceloneta, barrio que proxectara seu pai.
Traballou xunto ó seu pai nas obras do Castelo de Sant Ferran de Figueres, seguindo el só cando morreu aquel.Fuente de Pablo, Pablo de la: «El proyecto de la fortaleza de San Fernando de Figueras. Una aportación al conocimiento de la dirección interina de Juan Martín Cermeño al frente de los ingenieros reales.» Espacio Tiempo y Forma. Serie VII, Historia del Arte [Madrid], 7, 1994, p. 201-211.
Obra arquitectónica en Galicia
miniatura|Casas de Paredes.
Durante a súa estadía en Galicia interveu en diversas obras, entre as que se contan o proxecto de ordenación da Praza de Santa Susana en Santiago de Compostela, que non se chegou a realizar e o proxecto da fachada atlántica de Marineda, na Coruña, que se chamaron as Casas de Paredes, que non chegou a rematarse pero cuxa realización parcial deixou unha pegada relevante na cidade. A súa ambiciosa idea era crear unha fronte uniforme na Mariña, dende o Cantón Grande ata a Porta Real, deixando como lugar central a Casa da Aduana. A fonte de inspiración de Cermeño deberon ser os quais que no século XVIII engalanaron as fachadas marítimas e fluviais das cidades francesas como Bordeos ou Nantes.
Do seu matrimonio con María do Carme Cisneros tivo un fillo, Xacobe Cermeño Cisneros, que faleceu sen descendencia, deixando como herdeira a súa prima Xacoba Cisneros de Castro e Puga, III condesa de Ximonde.
Notas
Véxase tamén Bibliografía (1998) «El capitán general Pedro Martín Cermeño (1779-1790) y el Reino de Galicia. Poder, arquitectura y ciudad» pp. 171–202 en Semata vol. 10, USC.
Categoría:Arquitectos de España do século XVIII Categoría:Capitáns Xenerais de Galicia Categoría:Nados en 1722 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Nados en Melilla