A vichyssoise (,William Little, et al. (2002), Shorter Oxford English Dictionary comunmente mal pronunciado como ) é unha sopa internacionalmente coñecida, e que é unha variante dunha receita tradicional da cociña francesa. Esta sopa é unha crema fría salgada elaborada con porro, cebola, pataca, leite e nata. Sérvese tipicamente fríaVichyssoise no site Gastronomias.com nunha cunca ou prato fondo.

A nacionalidade culinaria da vichyssoise discútese desde hai case un século, para determinar se esta innovación gastronómica é francesa ou estadounidense.Recetas con historia O crédito do descubrimento do prato atribúese a Louis Diat, un cociñeiro francés do Ritz-Carlton de Nova York durante a primeira guerra mundial. Diat recordou os pasos da súa invención para o diario New Yorker en 1950:

O mesmo artigo explica que a sopa foi denominada nos seus comezos crème vichyssoise glacée, e posteriormente o menú do restaurante cambiouse do francés ao inglés no ano 1930, como cream vichyssoise glacée. Para dar á sopa un nome coñecido, Diat escolleu o da cidade de Vichy, que se encontra non moi lonxe do seu pobo natal, Montmarault.

Outros chefs franceses asígnanse o crédito da súa invención, como o chef Jules Gouffe, que di ter sido o primeiro en cociñala, publicando a súa receita no Royal Cookery (1869).

Notas

Categoría:Sopas Categoría:Gastronomía de Francia Categoría:Gastronomía dos Estados Unidos de América