A selección nacional de fútbol de Hungría está controlada pola Federación Húngara de Fútbol. Hungría foi unha das primeiras seleccións relevantes na historia do fútbol europeo, chegando ó seu máximo nivel na época do "Equipo de ouro".
O equipo de Ouro Hungría é recoñecida por ser un dos equipos de máis calidade e que máis influencia tiveron na historia do fútbol. Talvez esta escuadra sexa a inventora de moitos aspectos do xogo tal como se desenvolve hoxe en día. O "Aranycsapat" (Equipo de Ouro, en húngaro) estaba baseado na súa dianteira formada por Ferenc Puskás, Sándor Kocsis, József Bozsik, Nándor Hidegkuti e Zoltán Czibor. O propio Rinus Michels ten comentado que o Equipo de Ouro foi o primeiro en practicar o "Fútbol Total" que fixo popular Holanda nos anos 70. O adestrador húngaro, Gusztáv Sebes chamaba ao seu estilo de xogo futbol socialista. Entre o 4 de xuño de 1950 e a final do mundial de 1954 conseguiron o récord de 43 vitorias e 7 empates, con memorables partidos coma o que os enfrontou á selección inglesa no estado de Wembley onde gañaron por 3-6, sendo a vez primeira que Inglaterra era derrotada na súa propia casa. Así mesmo ten a máxima distinción da clasificación ELO de Fútbol con 2173 puntos en xuño de 1954 e o segundo posto con 2153 no ano 1956. Superan a equipos coma o Brasil, Inglaterra, Alemaña ou Italia.
Hungría foi dúas veces finalista nos mundiais, en 1938, perdendo coa Italia por 4-2 e no ano 1954 coa Alemaña por 3-2. A este encontro se lle chama o milagre de Berna xa que na primeira fase os húngaros derrotaran aos alemáns por 8-3. Houbo moita polémica debido a un gol anulado a Puskas no minuto 89 por un máis que discutible fóra de xogo. No tempo de lecer Sándor Kocsis foi derrubado dentro da área xermana e o árbitro non sinalou nada. Ao remata-lo encontro houbo sospeitas de dopaxe sobre o equipo alemán, debido á destacada forma física que mostraron ao longo do partido. Nunca se puido probar nada, só quedaron as sospeitas que se incrementaron cando despois da final moitos xogadores xermanos tiveron que ser enviados a casas de repouso. Por outra banda Hungría gañou o ouro olímpico en tres ocasións 1952, 1964 e 1968. Tamén o equipo Sub-23 gañou o Campionato Europeo en 1974.
Récords O encontro entre Austria e Hungría en Viena en 1902 foi o primeiro encontro internacional xogado entre dous países non británicos. Hungría foi o primeiro equipo en vencer a Inglaterra na casa, coa vitoria por 3-6 no estadio de Wembley o 25 de novembro de 1953. Un ano despois, en Budapest os húngaros gañarían de novo, esta vez por 7-1. Segue a ser a peor derrota sufrida pola selección inglesa. Ostentan ademais o récord de encontros internacionais imbatidos (33), entre o 14 de maio e o 4 de xullo de 1954.
Nos Mundiais 1930 - Non participou. 1934 - Cuartos de final. 1938 - Subcampións. 1950 - Non participou. 1954 - Subcampións. 1958 - Primeira rolda. 1962 - Cuartos de final. 1966 - Cuartos de final. 1970 - Non se clasificou. 1974 - Non se clasificou. 1978 - Primeira rolda. 1982 - Primeira rolda. 1986 - Primeira rolda. 1990 a 2018 - Non se clasificou.
Nas Eurocopas 1960 - Non se clasificou. 1964 - 3º posto. 1968 - Non se clasificou. 1972 - 4º posto. 1976 a 2012 - Non se clasificou 2016 - Oitavos de final
Xogadores Máis partidos miniatura|Gábor Király. Actualizado a 19 de novembro de 2019 Pos.XogadorXogosGolesPeríodo1Gábor Király10801998–2016Balázs Dzsudzsák108212007–3József Bozsik101111947–19624Zoltán Gera97262002–20175Roland Juhász9562004–20166László Fazekas92201968–19837Gyula Grosics8601947–19628Ferenc Puskás85841945–19569Imre Garaba8231980–199110Sándor Mátrai8101956–1967
Máximos goleadores miniatura|Ferenc Puskás. Actualizado a 19 de novembro de 2019 Pos.XogadorXogosGolesPeríodoMedia1Ferenc Puskás 85 84 1945–19562Sándor Kocsis 68 75 1948–19563Imre Schlosser68 59 1906–19274Lajos Tichy72 51 1955–19715György Sárosi62 42 1931–19436Nándor Hidegkuti69 39 1945–19587Ferenc Bene76 36 1962–19798Gyula Zsengellér39 33 1936–19479Tibor Nyilasi70 32 1975–198510Flórián Albert77 31 1959–1974
Véxase tamén Ligazóns externas RSSSF arquivo de resultados 1902- RSSSF arquivo de máximos goleadores e máis veces internacional RSSSF arquivo de adestradores 1902-
Categoría:Fútbol en Hungría