El Eco de Bouzas foi un periódico editado en Bouzas entre 1902 e 1903.
Historia e características Subtitulado Defensor de los intereses morales y materiales de la Villa, apareceu o 12 de outubro de 1902. Bisemanal, publicábase os días 15 e 30 de cada mes. Fundado e dirixido por José Pérez Fernández, que era o seu único redactor. Periódico de ideoloxía católica, ocupábase das noticias do concello, das que afectaban a Bouzas e ás súas parroquias e dos problemas xerais da vila. Editáronse 19 números cesando a súa publicación a mediados de 1903.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas El Eco de Bouzas
Categoría:Prensa escrita de Vigo
Categoría:1902 en Galicia