Tranvías del Ferrol foi unha empresa ferrolá de viaxeiros que operou na cidade de Ferrol, en Narón e en Neda.

Historia As orixes da compañía están na solicitude de José Fernández Solórzano y Freire para explotar en 1904 un tranvía con motor eléctrico entre Ferrol e Santa María de Neda. Nos seus inicios a liña tiña 7 km desde a estrada de Castela, na Porta Nova (actual Praza de España), e terminaba no Portádego de Xuvia. En 1961 os autobuses pasaron a substituír os tranvías. As cores identificativas das súas unidades eran a branca e a azul mariño, como as cores da bandeira da cidade de Ferrol, e co cambio de século foron trocadas polo laranxa.

As súas cocheiras estaban en Freixeiro (Narón); mais co inicio do século XXI foron vendidos os terreos nos que se situaban para a construción de vivendas, trasladando ás instalacións ao polígono industrial do Río do Pozo, tamén en Narón.

A compañía cesou os seus servizos a noite do 31 de decembro de 2019, logrando Alsa a concesión da Xunta dos servizos de transporte público urbano de Ferrol.

Servizos As liñas de Tranvías del Ferrol deron servizo (primeiro con tranvías e logo con autobuses) a Ferrol, Narón e Neda.

Liña Ruta 1-B Residencia - Porto 1-2 Neda - Porto 3 Porto - Caranza - Residencia 4 Canido - A Graña 7 A Faísca - Correos 9 Caranza - Correos

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da empresa Tranvía de Ferrol a Neda

Categoría:Empresas de transporte de Galicia Categoría:Transporte na provincia da Coruña Categoría:Ferrol Categoría:Narón Categoría:Tranvía