Agustín Portela Paz, nado en Pontevedra o 3 de xaneiro de 1906 e finado na mesma cidade o 6 de decembro de 1992, foi un debuxante e aparellador galego.
Traxectoria Fillo de Francisco Portela Pérez. Cursou estudos de bacharelato en Pontevedra onde tivo como profesor de debuxo a Castelao. Trasladouse a Madrid e realizou estudos nas escolas de Enxeñeiros Industriais, Aparelladores e Belas Artes. De regreso a Pontevedra, traballou como aparellador no Concello e na Deputación Provincial, e presidiu o Colexio de Aparelladores durante 22 anos. Vinculado ao Partido Galeguista, foi promotor e fundador da Liga de los Derechos del Hombre en España. Durante o franquismo sufriu varios procesos.
Obra É autor dunha extensa obra como debuxante e aguafuertista e ilustrou libros de autores galegos. Colaborou en revistas e periódicos e publicou en 1947 unha colección de debuxos con notas de escritores como Otero Pedrayo, Vicente Risco e Fermín Bouza Brey co título Pontevedra, boa vila. Tamén ilustrou o libro Pontes do Lérez (1987) e publicou en 1992 O Trasno. Traballa o linóleo coas planchas de "O Mayo", "Peixeira" e a muller que vai ao mercado coa filla e mais a galiña; colabora na escola linoelista de Spes.
Vida persoal Foi pai de César Portela.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Agustin Portela Paz, dibujante y aparejador
Outros artigos
Asociación Amigos da Cultura
Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega