Agustín Pérez Bellas, nado en 1925 en Vigo e finado en 1982, foi un arquitecto, debuxante, pintor e escritor galego.Pérez Bellas na Colección Afundación.

Traxectoria Graduouse en Arquitectura en Madrid no ano 1954 e en 1955 fixo a primeira mostra de debuxos na súa cidade. Logo o faría en Madrid, Milán, Santiago de Compostela, Barcelona, Moscova, Lisboa, París, Roma e Suramérica.

Casou en 1959 coa pintora Mercedes Ruibal e foi amigo de Rafael Alberti, Urbano Lugrís e Laxeiro. Ocasionalmente fixo crítica de arte en La Voz de Galicia.

A súa ideoloxía de esquerdas produciulle algúns problemas no franquismo.Os arquitectos vigueses rebélanse contra o primeiro plan xeral de ordenación urbana COAG.

Hai exposta obra súa no Museo Municipal Quiñones de León e no Museo de Belas Artes da Coruña e o seu concello adicoulle o nome dunha rúa.. Vázquez Xil, Lalo; As rúas de Vigo, páx. 108 da 2ª ed. (1994), Ediciones Cardeñoso, Vigo, 1991, ISBN 84-87379-47-8.

Postumamente, en 1996, Ediciós do Castro publicoulle Mi silueta felina, libro de poemas e relatos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Exposición homenaje a Agustín Pérez Bellas, Casa Galega da Cultura, Concello de Vigo, 1983.

Ligazóns externas Resolución, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a inclusión no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia de diversas obras pictóricas... Pérez Bellas en Galegos.info

Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes