San Román de Montoxo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 447 habitantes (226 homes e 221 mulleres), distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 489 habitantes.
Xeografía San Román de Montoxo esténdese pola marxe dereita do río das Mestas e as abas do coto de Freixido e de Penáguia. Limita polo norte coa parroquia de Piñeiro, dende o lugar da Trabe até o rego de Candales, que a separa tamén da parroquia de Régoa até a ponte de Braxe. Polo leste limita coa parroquia de Montoxo dende a dita ponte de Braxe e seguindo este regato, o coto de Aneiros e a pasada de Vagariños e o río das Mestas. Este mesmo río sepáraa polo sur da parroquia de Cerdido. Por último polo oeste limita coa parroquia de Esteiro, dende o río das Mestas até o lugar da Trabe.
A estrada de Cedeira ao Campo do Hospital atravesa a parroquia de oeste a leste por Vena, Venta da Cabra, Veciñeira, Costa, Silvela, Aneiros e Arón.
Patrimonio esquerda|miniatura|Igrexa parroquial.
A igrexa parroquial, na honra de San Román, está situada no sur da parroquia, preto do río das Mestas, e ten o cemiterio parroquial ao seu carón.
Lugares e parroquias Lugares de San Román de Montoxo
Parroquias de Cedeira
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cedeira
Categoría:Parroquias de Cedeira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Román