Juan Fernández Merino, nado nas Pontes de García Rodríguez cara a 1872 e finado na Coruña o 28 de setembro de 1942, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria miniatura|Coruña Cómica, 1914. Emigrou a América sendo neno. Percorreu o Brasil, o Uruguai e a Arxentina e finalmente fixou a residencia na Habana, onde se dedicou á docencia, foi redactor de La Tierra Gallega e publicou poemas en Galicia e outros periódicos galegos da illa co pseudónimo Fernán Minero. A principios do século XX retornou a Galicia e instalouse na Coruña, traballando como funcionario da Xefatura de obras públicas da provincia. En 1912 estreou na Coruña o apropósito Películas locales, escrito con José Llópiz. Fundou e dirixiu Coruña Cómica e colaborou en Vida Gallega, Galicia Pintoresca"Nuestros colaboradores" en Galicia Pintoresca, 47-48, 12-3-1918, p. 5. e o suplemento literario "Nós. Páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste". En 1918 acadou un premio en Lugo co poema "¡Galicia!". O 28 de agosto de 1919 estreou na Coruña Xan da Cruña e o 12 de marzo do ano seguinte o poema simbólico Dorinda Galicia, que despois retocou e aumentou converténdoo en drama. Publicou un relato en El Eco de Galicia de Buenos Aires, titulado "Os olláparos da corte" e dous textos en El Eco de Galicia da Habana, "A terra dos porcos" e "¡¡Reerguervos!! Fala un labrego d'a Cruña".El Eco de Galicia (A Habana), nº 832, 4 de xuño de 1898

Finou na Coruña o 28 de setembro de 1942 con 70 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 29-9-1942, p. 3.

Vida persoal

Casou con Mercedes López Domínguez en 1912.La Correspondencia Gallega 26-11-1912, p. 1.. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Xornalistas das Pontes de García Rodríguez Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1942