Os cervos do xénero extinto Megaloceros - (do grego: megalos + keras, literalmente "corno grande"); véxase tamén Lister (1987)Lister, A.M. (1987): Megaceros or Megaloceros? The nomenclature of the giant deer. Quaternary Newsletter 52: 14-16. - que foron achados a través da Eurasia do Plioceno até o Plistoceno superior, foron herbívoros moi expandidos durante as idades do xeo. A especie maior, M. giganteus, denominada comunmente como o "alce irlandés" ou "cervo xigante", é tamén a máis coñecida.
Moitos dos membros deste xénero eran animais grandes que preferían ambientes de pradeiras ou bosques abertos, con moitas especies cunha media de algo menos de 2 metros de altura até a cruz. Moitas especies mediterráneas, por outro lado, son exemplos clásicos de ananismo insular, como a especies da Sardeña (e tamén Córsega; ambas illas estiveron unidas durante a maior parte do Plistoceno) M. cazioti, que chegaría a 1 metro de alto. As varias especies do xénero cretense Candiacervus - a menor das cales, C. rhopalophorus só medía 65 cm de alto até os ombros - que ás veces son incluídas en Megaloceros como un subxénero. miniatura|Esqueleto de Megaloceros giganteus Como se podería deducir do nome "alce irlandés", a especie maior tiña certa similitude morfolóxica cos actuais alces. Mais, demostrouse que isto era unha consecuencia do incremento de tamaño. En realidade, estaba máis emparentado cos actuais gamos (xénero Dama, de modo que Megaloceros foi parte dunha ampla radiación de finais do Neoxeno de parentes dos gamos dos cales só persisten dous taxons na actualidade.(Lister et al. 2005, Hughes et al. 2006)
O número de especies no xénero Megaloceros é controversial: algunhas veces o xénero úsase de maneira moi restrinxida. No caso máis extremo, limítase a M. antecedens e M. giganteus, sendo as outras separadas en Praemegaceros (liñaxe europea) e Sinomegaceros (liñaxe de Asia oriental). Aínda que o último é probablemente válido como subxénero, o primeiro taxon require de máis investigación sobre as súas relacións con Megaloceros sensu stricto e con Candiacervus en particular.
Especies en orde cronolóxica miniatura|Cranio de Megaloceros (Praemegaceros) obscurus. M. obscurus A especie máis antiga do Plistoceno temperá de Europa. Tiña longas hastas curvadas.
M. luochuanensis Unha especie de principios a mediados do Plistoceno encontrada no loess de Shaanxi na China. miniatura|Cornos de Megaloceros (Praemegaceros) verticornis M. verticornis De principios a mediados do Plistoceno, relacionado con M. obscurus. Atopado polo sur de Europa. Pénsase que puido ser o antecedente das especies mediterráneas, e de Candiacervus. miniatura|Cornamenta de Megaloceros antecedens. M. antecedens Moi similar a M. giganteus, até o punto de que é considerado ás veces como unha subespecie deste último. As hastas difiren en que son máis compactas, e as puntas cerca da base son grandes e palmadas. Atopado na Alemaña do Plistoceno medio.
M. pachyosteus Plistoceno medio da China e o Xapón. Posuía hastas longas e curvas.
M. savini Especie do Plistoceno medio, algo maior que un caribú, achado orixinalmente cerca de Sainte Savine, Francia. Os seus cornos eran rectos, con picos similares a espiñas. As puntas máis próximas á base eran palmadas.
M. cazioti Especie anana do Mediterráneo do Plistoceno medio da Sardeña e Córsega. Con cerca dun metro até os ombros, crese que descende de M. verticornis.
M. dawkinsi Unha especie do Plistoceno tardío nativa de Gran Bretaña, moi similar a M. savini. Os primeiros habitantes humanos das illas británicas poderían telo visto, xa que se atoparon algúns fragmentos de corno que foron tallados como rústicas ferramentas.
M. giganteus A maior, mellor coñecida e das últimas especies do xénero, medía máis de 2 metros até os ombros. Atopado ao longo da Eurasia, desde Irlanda á China durante a última era de xeo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Hughes, Sandrine; Hayden, Thomas J.; Douady, Christophe J.; Tougard, Christelle; Germonpré, Mietje; Stuart, Anthony; Lbova, Lyudmila; Carden, Ruth F.; Hänni, Catherine; Say, Ludovic (2006): Molecular phylogeny of the extinct giant deer, Megaloceros giganteus. Molecular Phylogenetics and Evolution 40(1): 285–291. Lister, A.M.; Edwards, C.J.; Nock, D.A.; Bunce, M.; van Pijlen, I.A.; Bradley, D.G.; Thomas, M.G. & Barnes, I. (2005): The phylogenetic position of the 'giant deer' Megaloceros giganteus. Nature PMID 16148942 PDF fulltext Supplementary information
Categoría:Cérvidos Categoría:Plistoceno Categoría:Mamíferos prehistóricos Categoría:Especies extintas Categoría:Fósiles descritos en 1828