O Gran Premio de España de 1976 (oficialmente o XXII Gran Premio de España) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Circuíto do Jarama en Madrid, España o 2 de maio de 1976. A carreira foi a cuarta rolda da tempada de Fórmula Un. A carreira foi o 22º Gran Premio de España e o sexto, que se celebrou no Jarama. A carreira levouse a cabo sobre 75 voltas ao circuíto de 3´404 quilómetros nunha distancia total de carreira de 255 quilómetros.

Inicialmente, foi declarado gañador o piloto austríaco de Ferrari Niki Lauda pilotando o Ferrari 312T2 agrandando a súa vantaxe no Campionato de Pilotos a 23 puntos, despois de que o primeiro en cruzar a liña de meta James Hunt no seu McLaren M23 fora descualificado nun exame posterior á carreira. O piloto sueco Gunnar Nilsson logrou co seu Lotus 77 o segundo lugar e Carlos Reutemann rematou terceiro no seu Brabham BT44B.

McLaren apelou a descualificación e en xullo estimouse o recurso e Hunt foi recoñecido como o lexítimo gañador do Gran Premio de España.

Informe Ao comezar a tempada europea, presentaronse os novos vehículos coa aplicación das novas normas para logo da permisividade durante as tres primeiras carreiras. Había un gran tema de conversación, o equipo Tyrrell presentou o novo P34 de seis rodas para Patrick Depailler. Depailler estaba en ritmo e clasificou terceiro, detrás de Hunt e Lauda. Lauda, pilotou coas costelas rotas logo dun accidente conducindo un tractor, unha vez máis derrotou á Hunt na liña de saída e liderou o primeiro terzo da carreira. Depailler, logo dun comezo lento, estaba correndo cuarto detrás de Mass, cando fixo un trompo e chocou a causa de problemas cos freos. Xusto antes de metade de carreira, os McLaren de Hunt e Mass atoparon outra marcha e pasaron a Lauda, pero cara ao final da carreira, Mass tivo que retirarse por un fallo no motor. Hunt logrou a súa primeira vitoria da tempada, con Lauda segundo e de Gunnar Nilsson co Lotus terceiro.

Logo da carreira, os comisarios técnicos examinaron a maior parte dos coches e Hunt foi descualificado porque consideraron que o seu McLaren era demasiado largo e Lauda foi declarado gañador. Unha das novas regras para dicía que o largo dun coche de Fórmula Un podería ser máis largo que o da tempada , debido aos novos tamaños dos pneumáticos máis pequenos. McLaren apelou sobre a base de que a medición do coche fíxose cando os pneumáticos estaban aínda quentes logo da carreira e a medición valida debía ser cos pneumáticos fríos.

Dous meses logo da carreira, a apelación de McLaren foi un éxito e Hunt foi recoñecido como o gañador do Gran Premio español.

Clasificación Pos Nº Pais Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 11 James Hunt McLaren-Ford 75 1:42:20.43 1 9 2 1 Niki Lauda Ferrari 75 + 30´97 2 6 3 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 75 + 48´02 7 4 4 7 Carlos Reutemann Brabham-Alfa Romeo 74 + 1 volta 12 3 5 22 Chris Amon Ensign-Ford 74 + 1 volta 10 2 6 8 Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 74 + 1 volta 11 1 7 20 Jacky Ickx Wolf-Williams-Ford 74 + 1 volta 21 8 16 Tom Pryce Shadow-Ford 74 + 1 volta 22 9 19 Alan Jones Surtees-Ford 74 + 1 volta 20 10 21 Michel Leclère Wolf-Williams-Ford 73 + 2 voltas 23 11 2 Clay Regazzoni Ferrari 72 + 3 voltas 5 12 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 72 + 3 voltas 8 13 37 Larry Perkins Boro-Ford 72 + 3 voltas 24 Ret 12 Jochen Mass McLaren-Ford 65 Motor 4 Ret 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 61 Eléctrico 15 Ret 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 53 Motor 14 Ret 28 John Watson Penske-Ford 51 Motor 13 Ret 35 Arturo Merzario March-Ford 36 Caixa de cambios 18 Ret 5 Mario Andretti Lotus-Ford 34 Caixa de cambios 9 Ret 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 25 Accidente 3 Ret 9 Vittorio Brambilla March-Ford 21 Suspensión 6 Ret 34 Hans Joachim Stuck March-Ford 16 Caixa de cambios 17 Ret 10 Ronnie Peterson March-Ford 11 Transmisión 16 Ret 30 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 3 Transmisión 19 NSC 18 Brett Lunger Surtees-Ford NSC 32 Loris Kessel Brabham-Ford NSC 25 Emilio Zapico Williams-Ford NSC 33 Emilio de Villota Brabham-Ford NSC 24 Harald Ertl Hesketh-Ford NSC 31 Ingo Hoffmann Fittipaldi-Ford

Posicións logo da carreira Os puntos mostrados representan a táboa de posicións logo da carreira, cando Hunt foi descualificado. Os seus nove puntos por gañar a carreira non foron reintegrados ata moito máis tarde na tempada.

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Niki Lauda 33 2 Patrick Depailler 10 3 Clay Regazzoni 9 4 Jochen Mass 7 5 James Hunt 6

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 36 2 Tyrrell-Ford 13 3 McLaren-Ford 9 4 Lotus-Ford 6 5 Brabham-Alfa Romeo 4

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación. Nota 2: Os resultados mostran os cambios debido á decisión dos comisarios.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas ''A menos que se indique o contrario, todos os resultados proceden de

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1976 Categoría:Gran Premio de España de Fórmula 1