Plzeň ou Pilsen é unha cidade de Bohemia, na República Checa, e capital da Rexión de Plzeň. En 2019 tiña 172.441 habitantes, sendo a cuarta cidade máis poboada do país. Está localizada a 90 km ao oeste de Praga, no punto onde converxen os ríos Radbuza, Mže, Úhlava e Úslava.
A cidade é coñecida internacionalmente pola cervexa Pilsner. Plzeň foi seleccionada en setembro de 2010 por un xurado oficial para ser xunto coa cidade belga de Mons as capitais europeas da cultura no 2015.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Plzeň
Categoría:Cidades da República Checa Categoría:Capitais europeas da cultura