San Xián de Cela (até 2026, Cela (San Xulián)) é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cambre. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 511 habitantes (241 homes e 270 mulleres). A parroquia ten 7 lugares.
Situación Está situada á dereita do río Mero, sobre o que posúe unha ponte; linda con Pravio ao norte, con Cecebre e Bribes ao leste, con Brexo ao sur e con Cambre ao oeste.
Historia Por Cela pasaba a vía romana co percorrido de Cambre a Brexo.
Na aldea atopamos o Pazo de Cela do século XVII.
Cultura Topónimo Cela é un topónimo latino que se refire a un mosteiro ou habitación.
Lugares e parroquias Lugares de Cela
Parroquias de Cambre
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cambre
Categoría:Parroquias de Cambre Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xián Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía