San Salvador de Cecebre é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2016 tiña 1.314 habitantes (648 homes e 666 mulleres), 29 menos ca en 2015. Ten 16 lugares.

Demografía Evolución da poboación Segundo o INE:

Xeografía En Cecebre está situado o encoro formado pola confluencia dos ríos Mero e Barcés, que abastece de auga ao concello da Coruña. O encoro de Cecebre é un espazo natural protexido, de grande valor científico e ecolóxico, residencia de múltiples aves acuáticas.

Por esta parroquia atravesa a estrada AC-221.

Aquí atópase a fraga de Cecebre, lugar no que se desenvolve a obra El Bosque animado do escritor Wenceslao Fernández Flórez. Na parroquia sitúase a Vila Florentina, lugar onde viviu o escritor e na que se instalou a súa Casa Museo.

Cultura Topónimo Cecebre é un topónimo prerromano céltico, anterior ao século III, que indica un castro, ou "-bre", posiblemente bordeado dun foresta ou fraga, ou "cece-".

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Cecebre

Parroquias de Cambre

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cecebre Sociedad Deportiva Lugares de Cambre

Categoría:Parroquias de Cambre Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía