Ermes Effron Borgnino, nado en Hamden (Connecticut) o 24 de xaneiro de 1917 e finado nos Ánxeles (California) o 8 de xullo de 2012, foi un actor estadounidense.

Traxectoria Fillo de emigrantes italianos, uniuse ao exército dos Estados Unidos en 1935, tras rematar o instituto. Deixouno en 1941 pero realistouse tras o ataque a Pearl Harbor, servindo nel ata 1945. Tras acabar a segunda guerra mundial decidiu estudar interpretación, comezando a súa carreira teatral en 1947. O seu primeiro gran papel no cinema foi en De aquí á eternidade, en 1953. Dous anos despois, gañou o oscar ao mellor actor por Marty.

Tivo tamén unha longa carreira na televisón, en series coma McHale’s Navy ou Airwolf. Puxo voz a Mermaid Man na serie de animación SpongeBob SquarePants. Seguiu actuando ata pouco tempo antes da súa morte.

Filmografía Ano Filme 1953 De aquí á eternidade1954 Johnny Guitar 1954 Demetrius and the Gladiators 1954 Vera Cruz 1955 Bad Day at Black Rock 1955 Marty 1955 The Last Command 1956 Jubal 1956 The Best Things in Life Are Free 1958 The Vikings 1958 Torpedo Run 1961 Barrabás 1965 The Flight of the Phoenix 1966 The Oscar 1967 The Dirty Dozen 1968 Ice Station Zebra 1969 Grupo salvaxe 1971 Bunny O’Hare 1972 A aventura do Poseidón 1979 The Black Hole 1980 When Time Ran Out 1981 1997: Rescate en Nova York 1997 Gattaca 1998 BASEketball 2002 11'09"01 September 11 2006 Blueberry, a experiencia secreta

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores de Connecticut Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de New Haven, Connecticut Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Óscar ó mellor actor