Myra Ellen Amos, nada en Newton (Carolina do Norte) o 22 de agosto de 1963, é unha pianista, cantautora e compositora estadounidense, máis coñecida como Tori Amos.
Traxectoria Ten unha formación clásica e ten un rango vocal de mezzo-soprano. Amos orixinalmente serviu como vocalista principal do grupo de synthpop dos 80 Y Kant Tori Read, e como artista en solitario estivo á fronte dun bo número de mulleres cantautoras de principios dos 90. Tamén destacou ao principio da súa carreira en solitario por ser unha das poucas intérpretes de rock alternativo en usar o piano como o seu instrumento principal. Entre algúns dos seus sinxelos máis soados están "Crucify", "Silent All These Years", "God", "Cornflake Girl", "Caught a Lite Sneeze", "Professional Widow", "Spark", "1000 Oceans" e "A Sorta Fairytale", o seu éxito máis comercial nos Estados Unidos ata a data.
Discografía Álbum Ano Selo Little Earthquakes 1992 Atlantic Records, East West Records Under the Pink 1994 Atlantic Records, East West Records Boys for Pele 1996 Atlantic Records, East West Records From the Choirgirl Hotel 1998 Atlantic Records To Venus and Back 1999 Atlantic Records, East West Records Strange Little Girls 2001 Atlantic Records Scarlet's Walk 2002 Epic Records The Beekeeper 2005 Epic Records American Doll Posse 2007 Epic Records Abnormally Attracted to Sin 2009 Universal Republic Midwinter Graces 2009 Universal Republic Night of Hunters 2011 Deutsche Grammophon Gold Dust 2012 Deutsche Grammophon, Mercury Classics Unrepentant Geraldines 2014 Mercury Classics Native Invader 2017 Decca RecordsOcean to Ocean2021Decca RecordsThe Music of Tori and the Muses2025 Universal MusicIn Times of Dragons2026 Fontana Records
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Pianistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Catawba, Carolina do Norte Categoría:Nados en 1963 Categoría:Artistas de Republic Records Categoría:Estadounidenses de ascendencia cherokee