Francisco Soliño Pintos, nado en Pontevedra o 13 de marzo de 1893, foi un mestre, avogado e político galego.

Traxectoria Dirixiu o semanario La Causa. Foi nomeado presidente da Federación Agrícola Provincial de Pontevedra en marzo de 1913. Foi mestre en Santa Cristina de Cobres, de onde foi separado do servizo por un ano en 1925. Pasou despois a exercer en Alcabre en 1929. Na República formou parte da Xunta directiva da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo, e militou no Partido Republicano Radical Socialista, do que foi elixido representante de Vigo no comité provincial en 1932. En decembro de 1934 foi nomeado secretario de Unión Republicana de Pontevedra.La Voz de Galicia, 25-12-1934, p. 9. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo. En 1940 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.El Compostelano, 2-4-1940, p. 2. No franquismo exerceu como avogado en Vigo.

Vida persoal

Casou en Mourente con Peregrina Santos Montes en outubro de 1913.El Progreso, 21-10-1913, p. 2. Notas

Véxase tamén Bibliografía .

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en ano descoñecido