Rain Man é un filme estadounidense dirixido por Barry Levinson que se estreou en 1988. Estreouse en galego na TVG o 25 de xaneiro de 2009.
Sinopse Charlie Babbitt (Tom Cruise), un mozo egoísta que agarda herdar a fortuna do seu defunto pai, descobre que o beneficiario é o seu irmán Raymond (Dustin Hoffman), un autista ó que non coñecía porque viviu sempre recluído nun centro especial. Ambos farán unha longa viaxe a través dos Estados Unidos. Ó comezo, a Charlie, o extravagante comportamento do seu irmán anóxao e desconcértao, pero, pouco a pouco, aprenderá a coñecelo e querelo.
Personaxes Dustin Hoffman como Raymond Babbitt Tom Cruise como Charlie Babbitt Valeria Golino como Susanna Gerald R. Molen como Dr Bruner Jack Murdock como John Mooney Michael D. Roberts como Vern Ralph Seymour como Lenny Lucinda Jenney como Iris Bonnie Hunt como Sally Dibbs Kim Robillard como Doutor
Galardóns e nomeamentos 1989: Premios César: Nomeado a mellor filme estranxeiro. 1989: Festival de Berlín: Oso de Ouro. 1988: Premios David di Donatello: Mellor filme e actor estranxeiro (Hoffman). 3 nomeamentos. 1988: Círculo de Críticos de Nova York: Nomeado a mellor actor (Dustin Hoffman) 1988: Oscars ao mellor filme, director, actor (Hoffman) e guión orixinal. 8 nomeamentos. 1988: Globos de Ouro: Mellor filme Drama e actor (Hoffman). 4 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllRovi Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Barry Levinson Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Nevada Categoría:Filmes rodados en Ohio Categoría:Filmes sobre xogos de aposta Categoría:Filmes sobre irmáns Categoría:Filmes sobre autismo Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes gañadores do Oso de Ouro Categoría:Filmes de 1988 con versión en galego