Galiza Ano Cero é unha canle de televisión dixital galega que comezou as súas emisións en outubro de 2013.
Estrutura Galiza Ano Cero é unha televisión de contido cultural e político de emisión regular e esporádica: en 2013, cando comezou as súas emisións, emitía unicamente programas novos o xoves. Ideoloxicamente defínense como "de abaixo á esquerda", e os seus contidos son fundamentalmente debates e entrevistas.
Os seus responsables están constituídos nunha asociación cultural, e o financiamento inicial proveu dunha campaña de crowdfunding. Unha das súas caras visibles é o xornalista Iago Martínez.
En 2014 conseguiu o Premio Luceira de comunicación social, xunto a Galiza Contrainfo e a revista feminista Andaina.
Notas
Categoría:Cadeas de televisión de Galicia Categoría:Asociacións de Galicia