Glenda May Jackson, nada en Birkenhead (Merseyside) o 9 de maio de 1936 e finada en Blackheath (Londres) o 15 de xuño de 2023, foi unha actriz británica que chegou ademais a ser deputada laborista.
Traxectoria Debutou profesionalmente como actriz en 1957 mentres estudaba na Royal Academy of Dramatic Art.
A súa participación en Mulleres namoradas, levouna a gañar o seu primeiro oscar á mellor actriz, ao que seguiu o obtido por A Touch of Class tres anos despois.
Apartouse da interpretación en 1992 para dedicarse á política, e foi elixida repetidamente membro da Cámara dos Comúns polo Partido Laborista no norte de Londres, entre 1992 e 2015.
Logo de abandonar a política regresou ao traballo actoral.
Filmografía Ano Filme 1967 Marat/Sade 1968 Tell Me Lies 1968 Negatives 1969 Mulleres namoradas 1970 The Music Lovers 1971 Sunday Bloody Sunday 1971 Mary, Queen of Scots 1973 A Touch of Class 1974 The Devil Is a Woman 1975 Hedda 1976 The Incredible Sarah 1977 Stevie 1980 Health 1987 Beyond Therapy 1989 The Rainbow
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados na Merseyside Categoría:Nados en 1936 Categoría:Óscar á mellor actriz Categoría:Finados en 2023