San Xián de Bastavales (até 2026, Bastavales (San Xulián)) é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 1 397 habitantes (649 homes e 748 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 382 habitantes.
Xentilicio O seu xentilicio é bastavaleiro.
Historia Segundo a mitoloxía popular no castro de Beca tiña a súa residencia a Raíña Lupa na época en que o Apóstolo Santiago foi enterrado en Compostela. Este castro Lupario, ou castro de Beca, puido ser a capital da tribo prerromana dos Amaeos, pertencente ao pobo dos Caparos.
En San Xián de Bastavales publicouse entre 1932 e 1933 o periódico O Vencello Mahián, centrado no Sindicato Agrícola da parroquia.
No arquivo parroquial gárdanse os escritos do párroco José Pumar Gándara, que polos anos 60 e 70 escribiu unha Historia Inédita de Bastavales, 12 tomos encadernados en pel nos que trata tamén temas como a etnoloxía ou léxico do lugar.
Patrimonio
Castro Lupario Santo Arandel Ponte do Río Tinto Capela de Santa Cecía Pena dos Mozos Capela do Carme Cruceiros: Adro da Igrexa, Beca, Bemil, Sabaxáns Igrexa parroquial de San Xián
A igrexa parroquial foi construída na metade do século XVII sobre un templo románico anterior. Aparece mencionada no poema de Rosalía de Castro "Campanas de Bastavales", do libro Cantares gallegos. Campanas de Bastavales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades.
Castro de Bemil.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Bastavales
Parroquias de Brión
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Brión
Ligazóns externas San Xián de Bastavales na web do concello de Brión
Categoría:Parroquias de Brión Categoría:Lugares rosalianos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xián