O Winnipeg foi un barco francés de principios do século XX. En 1939 transportou dende Francia ata as costas de Chile preto de 2500 inmigrantes españois, refuxiados tras a guerra civil española. A iniciativa foi tomada polo poeta chileno Pablo Neruda. Historia
Durante a guerra civil miles de españois fuxiron a Francia, se ben a maioría dos refuxiados foron encerrados en campos de concentración, separados das súas familias e mantidos baixo pésimas condicións.La historia del Winnipeg
Pablo Neruda foi cónsul de Barcelona e logo en Madrid ata 1936, cando tivo que fuxir das tropas franquistas, xa que por ese entón xa se declarara abertamente comunista e o seu traballo se volvera cada vez máis político. Un dos feitos que máis o marcou foi o asasinato do seu amigo Federico García Lorca en 1936. Unha vez de volta en Chile, non deixou de estar ao tanto da situación en España, e é así como, ao decatarse das tráxicas condicións dos refuxiados en Francia, xorde a idea de traelos a Chile. Auspiciado polo entón presidente chileno Pedro Aguirre Cerda, quen o nomea cónsul de París, parte a Europa a organizar esta travesía.
Para a viaxe contratouse o antigo cargueiro francés Winnipeg, que habitualmente facía percorridos con non máis de 20 pasaxeiros. Instaláronse liteiras de madeira nas súas bodegas e finalmente alcanzou unha capacidade para transportar as 2500 persoas seleccionadas. O mesmo Neruda, xunto á súa esposa arxentina Delia del Carril, revisou unha a unha as miles de solicitudes de españois para viaxar a Chile. Coa axuda do ex Goberno Republicano español seleccionou os inmigrantes, non só artistas, intelectuais ou políticos, senón tamén obreiros, pescadores, comerciantes, homes e mulleres capacitados e de esforzo que podían achegar á sociedade chilena.
No porto francés de Trompeloup-Pauillac, reuníronse centos de familias separadas pola traxedia. Un mes máis tarde, o 3 de setembro de 1939, o Winnipeg atracou no porto chileno de Valparaíso. Ao día seguinte finalmente desembarcaron e foron recibidos polas autoridades chilenas. A maioría dos españois permaneceron en Chile, onde comezaron unha nova vida, moitos outros familiares seguiríanos anos máis tarde ao novo fogar en América.
O poeta Pablo Neruda dedicoulle ao Winnipeg un dos seus poemas, titulado Misión de amor e del dixo:
Galegos no Winnipeg Grazas ao testemuño de Pancho de Pita, un dos fillos dos embarcados no Winnipeg, sábese que tiñan ao redor de 20 galegos entre os españois refuxiados. Entre eles o pai de Pita e dous dos seus irmáns, todos eles sindicalistas de Cariño, na provincia da Coruña, que alcanzaron a fuxir a tempo das tropas franquistas. Foi nun campo de concentración en Francia onde se decataron da travesía a Chile, e con diñeiro mandado dende Galicia puideron comprar as súas pasaxes que os levou a terras chilenas. Varios dos galegos comezaron a traballar na industria de fariña de peixe en Chile, pero a maioría seguiu camiño ata a Arxentina ou o Uruguai, onde tiñan parentes, emigrantes de anos anteriores.
Galegos embarcados no Winnipeg
Ramón Arcay Novo Pepín García García Manuel Pita Armada José Castro Amigo Miguel Garrido Blanco Vicente Pita Armada Pedro Chouciño Fariña Bernardino Garrido Carrillo Ramón Rojo Pazos Juan Delgado Criado Celestino Garrido Garrido Manuel Tobío Romaní Benito Domínguez González Jesús Garrido Garrido Francisco Fariña Chouciño José Pita Armada
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Los españoles del Winnipeg (extracto) Lista de refuxiados do Winnipeg Desembarco do Winnipeg
Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Barcos de vapor