Uxío Abuín Ares, nado o 14 de maio de 1991 en Lestrobe (Dodro) é un deportista galego, que destaca no tríatlon.

Traxectoria Comezou a práctica deportiva da natación con 10 anos no Club Natación Padrón, pero aos 15, o club desfíxose e decidiu probar no tríatlon animado polo seu adestrador Alberto Álvarez. O ano seguinte foi convocado pola federación galega para representar a Galicia no campionato de España de Tríatlon por comunidades en idade escolar e conseguiu o título de campión de España nun dos seus primeiros tríatlons. A federación española concedeulle unha bolsa para adestrar no Centro de Alto Rendemento de Madrid, onde ademais cursou os estudos secundarios e comezou a carreira de INEF.

Estivo alí bolseiro durante 6 anos (2007-2013), nos que se formou como triatleta. A mediados do 2013 decidiu deixar a residencia. Comezou entón a súa etapa como deportista profesional. Adéstrase entre Lestrobe, Gran Canaria e Madrid, en función da época e a súa progresión.

Mellores resultados CampionatoCategoríaDataPosiciónCampionato de España de Tríatlon en Idade EscolarXuvenil2007CampiónCampionato de Europa de Tríatlon Youth por relevosXuvenil20083ºCampionato de España de TríatlonJúnior2009CampiónCampionato Iberioamericano de TríatlonElite20102ºCampionato de España Universitario de TríatlonUniversitario2010CampiónMundial Universitario de TríatlonUniversitario20104ºCampionato do Mundo de DúatlonJúnior2010CampiónCampionato de Europa de DúatlonJúnior20102ºCampionato de España de DúatlonJúnior2010CampiónCopa de Europa de Tríatlon (Quarteira - Portugal)Elite20118ºCampionato de Europa de TríatlonSub23201212ºCampionato de España de Tríatlon SprintElite20122ºCampionato de España de Tríatlon OlímpicoElite20123ºCopa do Mundo de Tríatlon (Banyoles - España)Elite20129ºCopa de Europa de Tríatlon (Holten - Países Baixos)Elite20123ºCopa de Europa de Tríatlon (Banyoles - España)Elite20136ºCopa do Mundo de Tríatlon (Palamós - España)Elite20137ºCopa do Mundo de Tríatlon (Cozumel - México)Elite201310ºCampionato de Europa de TríatlonSub2320134ºCampionato do Mundo de TríatlonSub2320137ºCopa de Europa de Tríatlon (Holten - Países Baixos)Elite 201410ºCopa de Europa de Tríatlon (Quarteira - Portugal)Elite20149ºCampionato de Europa de TríatlonSub2320147ºCampionato de España de Tríatlon OlímpicoSub232014CampiónCampionato de España de Tríatlon OlímpicoElite2014CampiónCopa de Europa de Tríatlon (Châteauroux - Francia)Elite20156ºCopa de Europa de Tríatlon (Egirdir - Turquía)Elite20155ºCopa de Europa de Tríatlon (Melilla - España)Elite20153ºCopa de Europa de Tríatlon (Sochi - Rusia)Elite20152ºCopa de Europa de Tríatlon (Constanta Mamaia - Romanía)Elite2015CampiónCopa de Europa de Tríatlon (Madrid - España)Elite2015CampiónCircuíto Europeo de TríatlonElite2015CampiónCampionato de España de Tríatlon OlímpicoElite20153ºCampionato de España de DúatlonElite2016CampiónCampionato de España de Tríatlon SprintElite20162ºCopa de Europa de Tríatlon (Madrid - España)Elite20163ºCopa Africana de Tríatlon (Agadir - Marrocos)Elite2016CampiónCopa do Mundo de Tríatlon (Tongyeong - Corea do Sur)Elite2016CampiónCopa do Mundo de Tríatlon (Miyazaki - Xapón)Elite2016Campión

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do deportista Blog do deportista "Uxío Abuín, profeta na súa terra", artigo en La Voz de Galicia, 13 de outubro de 2010. "Uxio Abuin, constancia y superación", artigo en La Voz de Galicia, o 18 de setembro de 2014 "Uxio Abuin hace sonar el himno de España en la Casa de Campo", artigo en Marca, 10 de maio de 2015. "Uxio Abuin logra su primera victoria en la Copa del Mundo", artigo en Marca, o 22 de outubro de 2016. "Uxio Abuin pide paso con un impresionante doblete en Copas del Mundo", artigo en Marca, o 30 de outubro de 2016. "Hat-trick de Uxio Abuin", artigo en Marca, o 5 de novembro de 2016.

Categoría:Nados en Dodro Categoría:Nados en 1991 Categoría:Triatletas de Galicia