Kirsty Hooper, nada en Watford (Hertfordshire, Inglaterra) o 27 de xuño de 1975, é unha hispanista británica.
Traxectoria Licenciouse en Linguas modernas na Universidade de Oxford, onde foi alumna do profesor John Rutherford. Alí iniciou o seu labor investigador sobre a cultura e lingua galegas, polas que comezou a sentir interese, e foi unha das responsables da tradución ao inglés de Cousas (1926/1929) de Castelao como membro do Centro de Estudos Galegos do Queen's College de Oxford. Doutououse en Filoloxía hispánica coa tese de doutoramento Estranxeira na miña patria: Gender and Nation in the Pre-1914 Writings of Sofía Casanova (1861-1958), lida no ano 2001 baixo a dirección de John Rutherford na Universidade de Oxford.
Trala súa etapa na Universidade de Oxford, obtivo en 2004 o seu primeiro posto académico na Universidade de Liverpool. No ano 2012 estableceuse como profesora e xefa de Estudos hispánicos da Universidade de Warwick, en Coventry.
Foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega no Pleno celebrado o 17 de xuño de 2007.
Obra Ensaio
Obras colectivas
Artigos
Traducións Do galego
Notas
Referencias
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Hertfordshire Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Hispanistas Categoría:Galicianistas Categoría:Tradutores ao inglés Categoría:Críticos literarios Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Profesores da Universidade de Liverpool Categoría:Profesores da Universidade de Warwick