A hifoloma de lamelas verdes ou feixe de xofre (Hypholoma fasciculare) é un fungo basidomiseto da familia Strophariaceae. Adoita aparecer en feixes ou grandes grupos, dende a primavera até o inverno, principalmente sobre tocos de coníferas. Descrición Chapeu de hemisférico a plano-convexo, de até 7 cm de diámetro. Marxe excedente, incurvado, con restos do veo universal e gretado coa idade. Cutícula de cor amarela sulfurosa, coa zona central apardazada. O himenio está formado por lamelas apertadas e adherentes; presenta lamélulas. De cor amarela-sulfurosa ao principio, despois averdadas e por último pardo oliváceas a violáceas. O pé é cilíndrico, oco, fibriloso e curvado, de cor amarela; de 5 a 12 cm de lonxitude e de 0,5 a 1 cm de groso.

Hábitat e época de aparición do cogomelo dereita|miniatura|220px|Feixe de xofre en Galiza

É un fungo saprófito; medra sobre madeira morta e tocos de piñeiros, sobreiras e caxigos polo outono. É moi frecuente en Galiza nos piñeirais, especialmente no sur do país.

Comestibilidade É un fungo velenoso e moi tóxico, mais doado de identificar. A carne é amarelenta, de cheiro a iodo e sabor amargo. Ollo! Cómpre ter en conta que a inxesta de cogomelos pode ser mortal e polo xeral non son doados de identificar, sempre seguir as recomendacións dun experto.

Sinónimos Agaricus fascicularis Fr. 1821 Agaricus fascicularis Huds. 1778 Agaricus sadleri Berk. & Broome 1879 Clitocybe sadleri (Berk. & Broome) Sacc. 1887 Dryophila fascicularis (Fr.) Quél. 1888 Dryophila fascicularis var. fascicularis (Fr.) Quél. 1888 Geophila fascicularis (Fr.) Quél. 1886 Hypholoma fasciculare (Fr.) P. Kumm. 1871 Naematoloma fasciculare (Fr.) P. Karst. 1880 Naematoloma fasciculare var. fasciculare (Fr.) P. Karst. 1880 Pratella fascicularis (Fr.) Gray 1821 Psilocybe fasciculare (Fr.) Kühner 1980 Psilocybe fascicularis var. fascicularis (Huds.) Kühner 1980

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Hypholoma fasciculare

Categoría:Hypholoma Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos velenosos