O tortullo (Tricholoma portentosum) é unha especie de fungo basidiomiceto pertencente á familia Tricholomataceae. O corpo frutífero abrolla polo outono e a comezos do inverno asociado a bosques de coníferas e faiais. En Galiza o apoxeo dáse en novembro e comezos de decembroAgrupación Micolóxica de galicia - http://www.azarrota.org/index.php?option=com_content&task=view&id=62&Itemid=74 .

Ten un parente achegado que é tóxico: o tortullo dos cabaleiros (Tricholoma equestre), que até hai pouco era apreciado, pero trala morte de dúas persoas por miopatía, pasou a se considerar tóxico.

Morfoloxía do basidioma Presenta un chapeu cun diámetro de 5 a 15 cm, de forma de campá ou chata, coa cutícula viscosa de cor cinsenta escura, algo máis clara nas marxes. As lamelas, escotadas, e a estipe son de cor branca cinsenta con reflexos amarelos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha da International Mycological Association (en inglés).

Categoría:Tricholoma Categoría:Fungos comestibles Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos descritos en 1821