Jacobo Francisco Otero Goday, nado no Grove en 1884 e finado no mesmo concello o 27 de xuño de 1964, foi un médico e político galego.

Traxectoria Foi o décimo fillo de Francisco Otero Moraña. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi alcalde do Grove de 1913 a 1921. Na Segunda República foi presidente do Partido Republicano Gallego do Grove e despois pasou a Izquierda Republicana.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido a principios de agosto e recluido na prisión de Pontevedra.El Pueblo Gallego, 8-8-1936, p. 7. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por rebelión militar o 17 de novembro con Ángel Cadavid Caamaño, Jacobo Barral Otero, Miguel Mandiás Merino, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias,El Pueblo Gallego, 18-11-1936, p. 7. foi condenado á pena de morte. Foille conmutada a pena pola de cadea perpetua. Estivo preso na illa de San Simón e foi trasladado ao Forte de San Cristovo (Pamplona) en febreiro de 1937. O 16 de febreiro de 1939 foi trasladado á Prisión de Figueirido. Recuperou a liberdade vixiada a principios dos anos corenta e volveu exercer como médico no Grove, dedicando parte do seu patrimonio a satisfacer as multas e sancións impostas pola ditadura. Era tío de Jacobo Barral Otero, que foi alcalde do Grove en 1936. Finou no Grove o 27 de xuño de 1964.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 1-7-1964, p.14.

Recoñecementos O pobo do Grove erixiu por subscrición popular en 1962 un monumento á súa memoria, obra de Alfonso Vilar Lamelas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas La saga de la casa de Lordelo

Ficha en Los presos del penal de Ezcaba

Categoría:Médicos do Grove Categoría:Alcaldes do Grove Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en 1883 Categoría:Nados no Grove Categoría:Finados en 1964