San Pedro de Brates é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Boimorto na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 142 habitantes (75 homes e 67 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 170 habitantes.

Cultura popular As mozas de Brates, cando van co gando espetan a vara e bailan o tango. E bailan o tango e maila muiñeira. Ás mozas de Brates non hai quen as queira.

As mozas de Brates, cando van co gando, espetan a vara no medio do prado, no medio do prado, no medio da braña. As mozas de Brates non valen pra nada.

Lugares e parroquias Lugares de Brates

Parroquias de Boimorto

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Boimorto

Categoría:Parroquias de Boimorto Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro