300px|miniatura|Caza de baleas en Holanda. Gravado do século XVI. miniatura|300px|Caza de baleas en Bequia (San Vicente e as Granadinas). A CBI permite a certas comunidades a cacería de subsistencia, como parte da súa cultura.

A caza de baleas (tamén chamada ás veces pesca de baleas) consiste na obtención de recursos a partir de cetáceos, principalmente misticetos. O termo "balea" en sentido amplo e popularmente emprégase para referirse a calquera cetáceo de gran tamaño, incluso a odontocetos como o cachalote e mesmo ás veces a candorca, pero cómpre recordar que, en sentido estrito, resérvase aos misticetos non pertencentes ao xénero Balaenoptera (os rorcuais) e, moi especialmente, aos integrantes da familia dos balénidos.

Os primeiros rexistros desta actividade remóntanse polo menos ao 3000 a.C. Varias comunidades costeiras desde hai moito tempo cazaron e recolleron baleas varadas para a súa subsistencia. A caza industrial das baleas comezou no século XVII. A principios do século XX o uso da tecnoloxía e o aumento da demanda de recursos superaron o límite de sostibilidade das poboacións de baleas, causando un drástico descenso destas. Na década de 1930 matábanse máis de 50.000 baleas ao ano.

En 1986 a Comisión Baleeira Internacional (CBI) prohibiu a caza comercial de baleas co fin de permitir que as poboacións de cetáceos puidesen recuperarse. Porén, permíteselle a certas comunidades continuar coa cacería de subsistencia, como parte da súa cultura. Por outra parte, o artigo VIII da Convención que regulamenta a caza de baleas permite a cacería con fins científicos.Convención que regulamenta a caza de baleas.

Historia da caza de baleas A caza de baleas na antigüidade

A caza de baleas comezou en tempos inmemoriais, na máis remota antigüidade. Os primeiros rexistros desta actividade remóntanse polo menos ao ano 3000 a.C.The history of whaling

Inicialmente limitábase á captura de animais na costa. Pero co paso dos séculos, a técnica de caza comezou a mellorar, usándose pequenas embarcacións en mar aberto para asustar os cetáceos con ruído e levalos á costa. Esta forma de cacería usábase para capturar especies de cetáceos relativamente pequenas, como caldeiróns, belugas, narvais e toniñas.Prehistoric Inuit whalers affected Arctic freshwater ecosystems

Idade Media europea miniatura|250px|Caza de baleas nas Spitzbergen. Cadro de Abraham Storck, 1690. miniatura|250px|Amarrada ao buque baleeiro, a balea será remolcada até á factoría de despezamento. Foto tirada ca. 1900. miniatura|Moderno canón para arpóns explosivos. Na Idade Media desde as atalaias das vilas costeiras, os vixías daban a alarma cando as baleas, escapando das augas frías do mar do Norte, se achegaban á costa. Entón, preparábanse botes con 10 ou 15 remeiros e un arpoador que cravaba o arpón na cabeza do cetáceo, comezando unha dura loita até que o animal era vencido e se remolcaba até o porto.La caza de la ballena. Su influencia en los usos y costumbres desde la Edad Media en EuskoNews.

A caza na revolución industrial O desenvolvemento das técnicas modernas de caza de baleas foi estimulado no século XIX debido ao aumento da demanda, sobre todo, de aceite de balea.

A práctica desta caza coñeceu un grande auxe coa aplicación de medios industriais a partir deste século, sobre todo en Europa e Rusia.

A guerra ruso-xaponesa, ocorrida a cabalo dos séculos XIX e XX, tivo como motivo principal o acceso aos recursos baleeiros do mar do Xapón e do Pacífico norte.Antecedentes del Consumo de Carne de Ballena en Japón en CCC-Chile.

A caza no século XX Durante o século XX a poboación global de cetáceos descendeu drasticamente.Medidas tomadas en virtud de la CITES contra el comercio de especies en peligro FAO.

De acordo con datos presentados no libro Leviatán, o la ballena,Hoare, Philip (2010): Leviatán o la ballena. Barcelona: Ático de los Libros. ISBN 978-84-937809-4-4. pódese apreciar o incremento da caza de baleas neste século e o urxente que resultaban a adopción de accións políticas contundentes para evitar que estes seres desaparecesen en moi pouco tempo.

1910 19581303 rorcuais32587 rorcuais43 cachalotes21846 cachalotes

Durante a segunda guerra mundial a maioría dos barcos baleeiros adaptáronse para fins bélicos, mais a caza continuou indiscriminadamente; en 1948 o baleeiro Balaena capturou máis de tres mil baleas. Para algunhas nacións famentas o labor de buques coma este representou unha contribución importante á reconstrución posbélica: "4 500 toneladas de carne, 163 000 barrís de aceite comestíbel (destinado a fabricar margarina), 10 000 barrís de espermaceti, 170 toneladas de extracto de carne e outras 3 000 toneladas de carne para converter en alimento para o gando".

Só en 1956 nunha fábrica rusa procesáronse máis de 980 toneladas de pel de balea para convertela en solas de zapatos.

Debido á falta de control e de regulación na caza de baleas estímase que durante o século XX trescentas sesenta mil baleas azuis morreron presa de buques baleeiros.

En 1960 a poboación desta especie estimouse en só mil individuos.

Co fin de proporcionar unha adecuada conservación e así facer posíbel o desenvolvemento controlado da industria baleeira, en 1946 creouse a Comisión Baleeira Internacional que, no ano 1986, ditaminou unha moratoria que terminou coa cacería comercial de cetáceos, pero que permite a chamada cacería científica, ademais da cacería de subsistencia para certas comunidades nas que esta actividade forma parte da súa cultura.

A caza de baleas na actualidade No Canadá, permitida para pequenas poboacións de inuit. Nos Estados Unidos, permitida a diferentes comunidades indíxenas de Alasca. En Groenlandia, permitida a pequenas poboacións de esquimós. En Islandia retomouse a caza comercial desde 2008, cunha cota anual de 100 rorcuais alibrancos e 150 de rorcuais comúns.Islandia aumenta la cuota de caza de ballenas para los próximos cinco años Diario El Mundo, España 28/01/2009. Nas Illas Feroe ao redor de 950 caldeiróns cázanse cada ano como parte da súa cultura, nunha actividade regulada polas autoridades locais, pero non pola CBI.La ferocidad del hombre: la matanza de los cetáceos en Dinamarca en las islas Feroe. En Indonesia, levada a cabo por pequenas comunidades das illas Lembata e Solor, como parte da súa cultura e crenzas relixiosas.Bruemmer, Fred (2001): "Sea hunters of Lamalera". Natural History 110 (8): 54–59. No Xapón, en resposta á moratoria de 1986 e ás presións internacionais, desenvolveu a denominada "caza científica", considerada por varios países e institucións como unha caza comercial encuberta.Kyokuyo Joins Maruha to End Whale Meat Sales in Japan en Bloomberg. Tamén existe a caza anual de golfiños en Taiji, na que centos de pequenos cetáceos se capturan para a industria do entretemento e algúns se destinan ao consumo humano.Taiji told to stop dolphin carnage or sister ties end en JapanTimes. Noruega realiza caza comercial de rorcual alibranco, con cotas anuais en torno ás 400 ou 500 capturas. Rusia antigamente tiña unha importante industria en torno á captura de candorcas, que diminuíu significativamente a partir da década de 1970. Actualmente, na rexión de Chukotka realízase a caza de baleas grises, cunha cota anual de 140 animais regulada pola CBI. En San Vicente e as Granadinas levan a cabo os nativos da illa de Bequia. A CBI permite unha cota anual de 4 xibardos.

A caza de baleas en Galicia

A caza de baleas en Galicia debeu comezar, como nas outras costas atlánticas europeas e do Pacífico, en tempos inmemoriais, na máis remota antigüidade. miniatura|160px|Escudo da Laracha, onde figura unha balea, o que denota a importancia que tivo a caza destes animais na Costa da Morte. En Galicia non se teñen documentos históricos relacionados coa caza de cetáceos até o século XIII, concretamente un relativo a Priorio na Coruña de 1288, pero é razoábel pensar que xa se practicaba varios séculos antes. A dicir de Valdés Hansen, as baleas, especialmente a balea franca, foi unha especie máis de pesca para os mariñeiros galegos. Durante sete séculos, Galicia foi un país de baleeiros. A caza e comercialización de cetáceos para o seu uso na fabricación de produtos importantes, desde o aceite que alimentaba a iluminación anterior á chegada da electricidade, até as barbas requiridas para pezas de vestir de luxo en Cataluña ou as baleas de paraugas e parasois, até a comercialización da carne e de produtos usados en farmacia e cosmética, tivo grande incidencia no desenvolvemento urbano de toda Galicia. Non só lle deu proxección exterior e renome mundial, senón que tamén contribuíu ao crecemento económico e de poboación de toda a súa franxa atlántica, e mesmo hai portos galegos que naceron da actividade baleeira, como o de Burela (Lugo) ou o de Suevos (Punta Lagosteira).Vadés Hansen, F. (2010).

Ao longo da Idade Moderna, durante os séculos XVI e, sobre todo, XVII, Galicia foi o caladoiro de baleas máis importante da Península Ibérica. As bases baleeiras máis importantes localizábanse na comarca da Mariña lucense, nos portos de Rinlo, Foz, Nois, Burela, San Cibrao e Bares e, no litoral atlántico, destacaban os de Caión e Malpica, na Costa da Morte.Museo Provincial do Mar San Cibrao, Lieiro, Cervo (Lugo).

A comezos de século XX, concretamente no ano 1924, reimplantouse en Galicia a caza de baleas, desta vez con carácter plenamente industrial. Ese ano establecéronse no país dúas compañías baleeiras. Unha delas foi a Compañía Ballenera Española, creada en 1914 con capital noruegués, aínda que non comezou a súa actividade até a fin da primeira guerra mundial. Os seus inicios foron na zona do estreito de Xibraltar, abrindo a que chegaría a ser famosa factoría de Caneliñas, na parroquia da Ameixenda (Cee) en 1924. A outra foi a Sociedad Anónima Corona, con sede en Vigo e asociada a outra compañía norueguesa, que obtivo autorización para a caza de balea en decembro de 1923 e, o ano seguinte, comezou a súa actividade en Cangas de Morrazo, co buque-factoría Alfonso XIII, que fondeaba na enseada de Barra e na ría de Aldán; este buque era abastecido polas capturas dos barcos Corona I, Corona II, Corona III e Corona IV. miniatura|230px|Cee visto dende Corcubión. En Cee, na enseada de Caneliñas, funcionou durante moitos anos unha factoría baleeira.

En 1974 a empresa multinacional Taiyo, do Xapón, asinou un acordo de compra da totalidade da masa muscular de balea coa empresa IBSA, pertencente daquela maioritariamente á familia conserveira Massó e ao avogado e político Iglesias Corral, o que se traduciu nun incremento considerábel no número de capturas de baleas e cachalotes, pero tamén de exemplares inmaturos, e de especies xa en perigo. A IBSA cazaba nun stock fóra dos acordos internacionais, capturando especies protexidas, sen que sobre esta actividade houbera ningún tipo de control. A maioría das capturas foron de rorcual común, cachalote e incluso da xa case en perigo de extinción balea azul. Non se respectaban tamaños mínimos, número de capturas, caza de baleatos e de femias acompañadas por crías, nin acordos lexislativos como o de 1947, que permitía soamente a captura dunha balea por barco e día.En defensa dos Mamíferos Mariños SGHN.

A última factoría baleeira de Galicia (e, por tanto, de España), a de Caneliñas, pechouse en 1985.Los últimos cazadores de ballenas. La última factoría ballenera de España, situada en Cee, cesó su actividad tras renunciar a nuevas moratorias para la caza de cetáceos Diario La Voz de Galicia, 24 de marzo de 2012.

Produtos obtidos da industria baleeira Aceite de balea: aceites para usos industriais, iluminación e alimentación. Espermaceti: cosméticos, lapis de labios, lapis graxos. Ámbar gris: fixador de perfumes, considerado en tempos pasados como o máis valioso dos produtos da industria baleeira. Glándulas endócrinas e fígado: produtos farmacéuticos, hormonas, vitamina A.