L'Arcusgi, fundado en 1984 é un grupo corso de música con raíces tradicionais. O grupo, das rexións de Bastia e Lucianna, destaca pola música tradicional polifónica. L'Arcusgi é o nome que recibían os pequenos arcabuces utilizados no século XVIII polo exército de Pasquale Paoli, que loitaba pola independencia de Córsega. En consonancia co nome escollido o grupo caracterízase polo seu compromiso político e cultural co Nacionalismo corso e coa lingua do seu país.

O grupo comezou estando formado por un guitarrista e catro cantantes pero ao longo do tempo foi evolucionando ata a actualidade, cando o compoñen tres músicos e nove cantantes.

Compoñentes Jean-Pierre Bonci (voz) Jean-Christophe Bastiani (voz) Louis Franceschi (voz) Pierre Bracci (voz) Anthony Battesti (voz) Nicolas Giustiniani (voz) Guillaume Savelli (voz) Jean-Marc Camurati (voz) Laurent Ducatillon (voz) Mathieu Camurati (guitarra) Jean-Paul Peretti (baixo) "Pilou" Barque (percusións)

Discografía Resistenza (1989) So Elli (1993) Scrittori (1995) Testimone à l'eternu (1998) Compilation des 4 premiers álbums (2002) In vivu à fianc'a voi... (2002) L'arcusgi di Pasquale (2005) Voce ribella (2008)

Véxase tamén

Ligazóns externas Recensión do grupo Artigo sobre a súa relación con Euskadi

Categoría:Grupos musicais de Córsega Categoría:Grupos musicais de folk corso Categoría:Nacionalismo corso