Gonzalo Canedo Ríos, nado no Campo da Feira (Cerceda) en 1955 e finado en Barcelona o 14 de xaneiro de 2013, foi un editor galego.

Traxectoria Nado nunha familia de doce irmáns, aos cinco anos trasladouse a vivir coa familia á Coruña. Con 18 anos comezou a traballar no sector editorial, primeiro como comercial de Círculo de Lectores e logo dirixindo proxectos en distintas casas de publicación de España. Chegou a ser director comercial do grupo Bertlesmann en España. En 1992 trasládase a vivir a Barcelona.

En 2009 funda Libros del silencio, coa que publicou novela e ensaio. Entre os seus libros estivo Elisa y Marcela, de Narciso de Gabriel.

Vida persoal Foi o home do actor e dramaturgo catalán Lluís Pasqual. Faleceu como consecuencia dun linfoma.

Notas

Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados en Cerceda Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes