Caminomorisco (en estremeño Caminomoriscu) é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao norte da provincia de Cáceres, na comarca de Las Hurdes.
O concello ten a súa capital na localidade de Caminomorisco, chamada antigamente Las Calabazas.
Historia esquerda|miniatura|Estela de Arrocerezo. O concello de Caminomorisco posúe numerosos restos épocas prehistóricas, sobre todo do Calcolítico e da Idade de Bronce. En varios lugares (Candelario, La Jareta, Madroñal, Romanzano, Escugoso...) apareceron restos líticos, como machados ou puntas de frecha. Tamén se atoparon fragmentos de cerámica e enterramentos. De grande interese son os ídolos-estelas atopados en Arrocerezo, Vamesto, Cugoso, Los Tesitos, La Coronita...
Quedan algunhas pegadas deixadas polos romanos, pero de menor importancia.
No século XIII, o lugar de Las Calabazas, xunto coa chamada "Dehesa de Jurde", pasou a depender de La Alberca (provincia de Salamanca), por unha concesión que fixo a esta vila o infante D. Pedro, señor de Granada, hoxe Granadilla. Os habitantes da comarca preitearon e rebeláronse continuamente contra as ordenanzas de La Alberca, pero seguiron dependendo dela ata o século XIX.
Coa caída do Antigo Réxime a localidade constitúese en concello, integrado en Estremadura, co nome de Camino Morisco.
Patrimonio Igrexa parroquial, baixo a advocación de San Xosé A Casa da Cultura de Caminomorisco, de nova planta, construíuse segundo a arquitectura popular de Las Hurdes, utilizando os mesmos materiais, pedra e lousa. Existen rotas de sendeirismo en diferentes áreas do concello. Piscina natural no río Alavea.
Cultura Festas No concello de Caminomorisco celébranse o San Cristovo (10 de xullo), Cristo do Camiño (terceiro domingo de agosto e Virxe do Pilar (12 de outubro).
Demografía Como outros concellos da comarca de Las Hurdes a súa poboación está dispersa, entre o núcleo principal, onde se sitúa o pazo do concello e outras localidades, chamadas alquerías (casais en galego). Existen dous casais abandonados, Arrocerezo (en estremeño Arrocerezu) e Arrofranco (en estremeño Arrofrancu).
Caminomorisco tiña censados en 1981 721 habitantes no núcleo principal, pasando a 757 en 2008. A poboación total do municipio era de 1256 habitantes en 2008.
Alquerías
Nome oficial Pob. (2008) Nome tradicional en estremeño Caminomorisco 757 Caminomoriscu Arrolobos126 Arrolobus Cambrón29 - Cambroncino 209 Cambroncinu Dehesilla 22 La Jesilla Huerta 58 La Güerta Riomalo de Abajo 55 Riomalu d’Abaju TOTAL 1.256
Infraestruturas e servizos Comunicacións
Accédese ao municipio pola estrada autonómica EX-204, de Salamanca a Coria e pola EX-369 a través do porto de Casar de Palomero.
Educación O municipio ten un Instituto de Ensino Secundario, o IES Gregorio Marañón.
Notas
Ligazóns externas
Caminomorisco en la Web de la Mancomunidad de Las Hurdes
Categoría:Concellos da provincia de Cáceres