Sanamede de Suevos (até 2026, Suevos (San Mamede)) é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 214 habitantes (111 mulleres e 103 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.
Historia A pegada da cultura castrexa nesta terra está no castro de Suevos, tamén chamado O Castillo. Trátase dun asentamento fortificado da Idade de Ferro que presenta unha coroa de forma ovoide de grandes dimensións, 140 m e 110 m, delimitada por un parapeto dun 3-4 metros de alto. En Francos atópase a mámoa da Agra dos Méndez, a día de hoxe afectada por unha pista parcelaria e a repoboación con eucaliptos.
A presenza de pobos centroeuropeos é visible na toponomía da parroquia: Suevos e Francos.
A parroquia de Suevos pertence ao arciprestado de Céltigos e ao arcediagado de Trastámara. Entre os séculos XVII e XVIII chegou a contar con catro confrarías. A igrexa parroquial é de estilo neoclásico. Comezou a contruírse no 1767, aínda que non se rematou definitivamente ata o século XIX, co engadido da sancristía.
Arquitectura popular
Muíños O de Ventura Paredes, moía seis meses con auga do rego do Faílde. O de Batáns, moía seis meses. Penedo. Reguengo, moía con auga do río de Portos. Ribavella, moía tres meses con auga do río Fonte Esperón.
Festas 3 de febreiro: San Brais. 13 de xuño: Santo Antón. 17 de agosto: Sanamede. 18 de agosto: Santísimo Sacramento. 19 de agosto: A Inmaculada. 1º domingo de outubro: O Rosario. 13 de decembro: Santa Lucía.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Suevos
Parroquias da Baña
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Baña
Categoría:Parroquias da Baña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Sanamede