Penacova é un lugar da parroquia de Remesar no concello lugués de Bóveda, na comarca de Terra de Lemos. Segundo o IGE, en 2012 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres).
Destaca en Penacova, a ferrería do mesmo nome, da que hai unha primeira referencia no ano 1780. Presenta un bo estado de conservación, conservando a fragua, o mazo, os foles, a maquinaria hidráulica en xeral en funcionamento grazas a súa restauración. No mesmo lugar está o muíño de Penacova, tamén ben conservado.
Lugares e parroquias Lugares de Remesar
Parroquias de Bóveda
Notas
Categoría:Lugares de Bóveda